Ola pingüicolegas!
Xa sabedes que chegou o outono. Vai máis frío e tamén é tempo de ler a carón do lume. Aquí tedes uns relatos para asombrarvos.
Ola pingüicolegas!
Xa sabedes que chegou o outono. Vai máis frío e tamén é tempo de ler a carón do lume. Aquí tedes uns relatos para asombrarvos.
Un pequeno xesto, unha gran axuda
Se lle das unha galleta a un rato... todo pode comezar cunha divertida cadea de aventuras!
No vídeo de hoxe descubrimos como un simple agasallo pode levar o rato a: querer ler un conto, facer undebuxo, axudar nas tarefas da casa, pedir un vaso de leite… e moito máis!Descubrimos e nalgun caso redescubrimos un clásico que fai tremer o corazón: Adiviña canto te quero, de Sam McBratney e Anita Jeram.
A labor literaria de Sam McBratney e a maxia visual de Anita Jeram deixan unha pegada fonda no mundo da creatividade e das emocións infantís, axudándonos a poñer palabras e imaxes a aquilo que máis sentimos: o AMOR sen límites.
Entre palabras e ilustracións nenas e nenos aprenderon que o amor non ten medida… é tan grande como o ceo, tan fondo como o mar, tan infinito como as estrelas .
Un conto que nos lembra que a literatura e a arte son pontes cara ás emocións máis puras da infancia .
O noso curso arrinca creando espazos propios cheos de maxia!
Creamos roldas de nomes, cada neno e nena decorou e deseñou dun xeito participativo e divertido a súa chegada a escola.
Construimos casiñas acolledoras para gardar esas pezas tan especiais.
Puxemos cor e ilusión nun recuncho moi especial: onde descubriremos o tempo que fai , veremos quen vén á aula, organizaremos e repartiremos os nosos pequenas grandes experiencias.
Un espazo vivo que medra coas nosas aprendizaxes e coas nosas ganas de compartir cada día!
Primeiros días, primeiras emocións!
Comezamos o curso en Vilacide cunha actividade chea de cores, ilusión e creatividade: o alumnado deu vida aos seus nomes construíndo pulseiras cuns abalorios especiais.
Un xeito divertido de poñer en marcha o curso, crear lazos e levar no pulso as ganas de aprender, compartir e descubrir todo o que nos agarda este ano escolar.
Porque cada nome é único, e cada aprendizaxe tamén!
Comeza o curso cheo de sorpresas e novos proxectos. Queremos que sexa un ano maravilloso para as persoas que comezan como para os que cambian de escola. Con novos mellores desexos.
No noso centro queremos comezar o curso lembrando unha data moi especial: o Día Internacional da Alfabetización, que se celebra en todo o mundo dende 1967. A alfabetización é un dereito humano fundamental, a chave que abre as portas do coñecemento, das liberdades e dunha sociedade máis xusta, pacífica e sostible.
Este ano celébrase baixo o lema “Promover a alfabetización na era dixital”. A tecnoloxía pode ofrecernos novas oportunidades para aprender e comunicarnos, pero tamén supón retos que esixen pensamento crítico, seguridade, respecto e inclusión.
No CRA de Oroso, arrincamos o curso con ilusión e coa certeza de que ler, escribir e comprender –no papel e no mundo dixital– son ferramentas imprescindibles para convivir, crear e coidar do planeta.
Hoxe celebramos que aprender é camiñar xunto e xuntas cara a un futuro mellor.
Comezamos unha nova viaxe de aprendizaxe no CRA de Oroso!
Este curso traemos a mochila chea soños, aventuras compartidas e milleiros de experiencias para vivir en comunidade. Porque aprender é medrar
Que este 2025/26 sexa un camiño cheo de creatividade, amizade e novos descubrimentos!