Este ano xa me enterei que estades convidad@s a unha sesión de contacontos en Sigüeiro, grazas as persoas que traballan no concello. Cando rematedes seguro que ledes o manifesto conmemorativo desta data tan especial.
Para axudar un pouquiño vou mostrarvos unha guía de lectura sobre contos que tratan deste tema.
Xa chega outro martes de diversión e ledicia lectora.
Seguro que as vosas mestras, que son moi previsoras, informaron na escola de que o 20 de novembro é o día universal das nenas e nenos de todo o mundo. Nesta data recordamos os vosos deberes e dereitos, pero tamén reflexionamos sobre que na Terra hai cativ@s que teñen que renunciar a eles.
Por que?...
Pois por moitas causas: non hai persoas que lles axuden nen coiden, non posuen xoguetes nen sequera a veces comida e auga, non poden ir a escola xa que non existen ou están en malas condicións, pode haber guerras...
Na biblioteca imos falar sobre esta temática tan importante estades convidadas e convidados.
Aquí queda un pequeno vídeo para ir abrindo boca:
Moitos bikazos de Pingüi. Antes de que se me olvide... Unha pista axexador@s!. Tamén faredes un xoguete moi chulo. Que será, será?
Pois foiOrellas de bolboreta. Creo que gustou e alguén murmurou que quería compralo para telo na sua casiña. I, I, I!!! Que oído tan fino teño.
Este libro foi escrito por Luisa Aguilar unha escritora asturiana que comezón facendo teatro e gaño premios coa sea actuación e texto da obra: ¡Que viene el lobo!.
A ilustración é de André Neves artistas brasileiro que sempre se vinculou o mundo d@s nen@s o fomento da lectura.
Imos tratar un tema moi importante. É como se deben tratar as/os nosas/os compañeiros/as.
Moitas veces hai persoas que nos chaman cousas que non gustan. Pensade, seguro que recordades. A min por exemplo, sempre me apodaban pingüi - mangall@n e as veces pingüi - xigant@n, porque era máis grande que @s demais, e aínda que ría, non fondo non me facía ningunha graza.
Cando é moita xente a que se ri de ti e te trata mal, chámaselle acoso e iso non está ben.
O conto que imos a ter, fala dunha nena que ten este problema, pero é tan lista que atopa unha solución. Sabedes cal era a súa burla?
Que tiña orellas grandes!!! Como senón houbera animais na natureza con orellas así...
O final do vídeo, non sei se abrístedes ben os ollos, pero hai unha pista sobre o conto... Atent@s detectives!
Para rematar, e bailar un pouco, queda un vídeo que fala sobre o tema que imos tratar. Desfrutade a miña saúde, moitos pingüibikos!
Encantounos e aprendimos que hai que coidar os libros, porque este caera nas mans dunha persoa bastante descoidada e escribira con rotulador vermello dentro del. Que peniña!.
Este relato foi escrito por Eulália Canal, unha autora catalana que ademais de libros tamén escribe cancións. Aquí tedes un anaquiño de El joc de la vergonya publicado no libro-cd: Emocions i sentiments.
A ilustradora é Rocio Bonilla, unha barcelonesa que axudou a crear moitos libros que de seguro coñecedes:
Pero tamén fixemos unhas buxainas moi especiais, mirade que maravilla!
Xa pescudei que este venres pasado fixéstedes o Magosto. Que lambóns chourizo, castañas e pan, non?
LARPEIRAAASSSS E LARPEIROOOOOSSSS!!!
Espero que non empacharades e poidades vir a biblioteca.
Según me contaron. Ides ver unha historia moi intrigante. Por que no título pon unha cousa e por dentro fala de outra totalmente diferente. Interesante non?
Aquí vos deixo a portada, premede sobre ela se queredes ver algo do conto:
Na segunda ronda lemos: Tío Lobo unha adaptación de Xosé Balleretos (sabedes que é un conto popular moi coñecido en Italia e Francia?) e ilustrado por Roger Olmos.