luns, 18 de febreiro de 2019

O inverno comeza a pasar e o sol coas raiolas asomar...

Ola pingüiamig@s!

Este inverno faise longo. Temos frío, chove... pero pouco a pouco vai chegando o entroido e da paso a primavera.

Sabedes que hai neste tempo? temos moitos e son...

ARCOS DA VELLA!!!

Pois o conto que temos preparado foi referencia a este tema. Xa veredes é maravilloso!!!

Para que pasedes un bo rato e aprendades algunhas cores do arco, xogade:



Por certo, xa me chivaron que no entroido ides disfrazados dun universo novo: O MAR. Pois ahí queda outra brincadeira:



mércores, 13 de febreiro de 2019

Ola pingüíns!

Temos un novo vídeo na canle de Youtube!

Queredes velo?

ADIANTE!!!!


Recordamos o conto... SORPRESA!!!

Este libro foi escrito e ilustrado por Anna Llenas. Esta autora é moi coñecida por todas e todos. Seguro que recordades algunha das súas obras. Mirade:



Todas esta cousas xa as sabíades verdade? Pero... sabiades que saiu un xogo de mesa novo sobre O monstro de cores?

Aquí hai un pequeno vídeo onde explican como podemos brincar con el:



luns, 11 de febreiro de 2019

Martes con amor

Esta semana veño cargado de corazóns e cariño.

Por que seguro que sabedes, que o 14 é o día das persoas namoradas. E quen non ten este sentimento?


AI!!! O AMOR!!!

Na pingüibiblio imos retomar un conto no que se fala e conversa sobre este tema. Xa o ano pasado o lemos, pero hai unha gran demanda. Como non imos darvos o gustazo?



mércores, 6 de febreiro de 2019

Un libro cheo de erros

Ola pingüicolegas!!!

Encántame que veñades á biblioteca. Pasámolo xenial e ademáis sempre gozamos de novas lecturas.

Como a de este martes:


Este libro foi ilustrado e escrito por Corinna Luyken. É o seu primeiro libro, sabedes como se lle ocorreu? 

Pois dando clase de arte á nenos e nenas. 

Neste relato aprendemos varias cousas:

- Os erros son bos, con eles aumentamos o coñecemento do mundo e melloramos.
- Todas e todos somos capaces de avanzar e acadar todo o que desexamos.
- Sempre podemos voltar a comezar e lograr mellorar.

ÁNIMO PINGÜIAMIGUETES!!!

Agora un pouco de música para levantar o ánimo! 


(Don´t stop me now - Queen)

luns, 4 de febreiro de 2019

Que martes máis extrano...



Ola queridiñ@s!


Este martes é un día raro. A profe Raquel e Mariola estiberon por aquí dando voltas.

Andaban a busca de manchas e erros. Que raras son! Cada día está máis desfasadas. Non sei, non sei...

Viron un conto...

A ver se me aclaro.

Aquí queda un avance do libro, abride ben os ollos!