mércores, 23 de outubro de 2019

Fiz, o coleccionista de medos.

Vaia cousa!!!

Quen ía pensar que se podían coleccionar os medos.

Quedei pensado en que cousiñas podemos utilizar para coleccionar: agarimos, bicos, pedras, bagoas...?

Supoño que calquera cousas que desexemos. A cuestión é abrir o noso corazón e atesoralo con agarimo.

Este é o noso conto:

Preme na imaxe.

Este libro foi escrito por Fina Casalderrey, unha grande escritora galega que cada día nos amosa algo novo na súa obra e da que degustamos con sumo placer.
A súa ilustradora é Teresa Lima que seguro que a coñecedes de contos como os seguintes:



Pero para atrapar o medo achamos unha solución, mirade, mirade...



ATRAPASOÑOS




xoves, 17 de outubro de 2019

Quen ten medo e a que...

Ola terror!

Ola medo!!

OLA PERIGO!!!

Xa está comenzando o tempo que nos indica que o Samaín comeza a estar preto...

Para ir abrindo os cairos!!!


Conto que veñades a pingüibilio, que algo de imos a ter que pode impresionar ao persoal.

mércores, 16 de outubro de 2019

SOY UN PUNTO

Ola chicas e chicos!

Xa vedes cal é o título do conto:

Preme na imaxe.

Vimos comodón uns simples puntos negros e brancos podemos coñecer a realidade social que temos ao noso arredor. 

Este libro foi escrito por Giancarlo Macri e ilustrado por Carolina Zanotti.

Queredes ver fotos desta tarde de reflexión?

SEGURO QUE SI!!!!











xoves, 10 de outubro de 2019

Somos iguais, diferentes...?

Ola bonikiñ@s!!!

O conto que imos ter este martes vai adicado a xente que ten que marchar do seu país porque non pode vivir en el. Coñecedes alguén?

Seguro que recordades cando colaboramos con SOS África e aportamos roupa ou calzado que xa non precisamos:




Alguna desta roupa vai destinada a persoas que se ven implicadas nesta problemática. 

Aquí queda unha canción, pensade no que di:




mércores, 9 de outubro de 2019

A princesa rebelde

Ola fantastic@s!!!

Que gran conto o martes! Volvimos a recordar unha princesa moi especial.

Ela quere ser feliz e non lle gusta o que din os contos de sempre. 

Xa vedes que as mulleres podemos conseguilo todo. E como non os nenos tamén.

Preme sobre a imaxe para ver a historia das súa escritora e ilustradora.



domingo, 6 de outubro de 2019

Pingüibiblioteca a vista!!!

Ola pekes!!!

Xa chega outra xornada de lectura e diversión. 

O outro día viñéstedes foi pouca xente, pero espero que este martes se anime a peña. VEÑAAAA, QUE ESTOU AGARRDANDOOOO"!!!


Imos ver un conto dunha princesa que non é coma o resto. Porque debedes saber que non todas as nenas queren ser princesas, nen todos os nenas queren ser principes. Cada persoa ten dereito a desexar ou soñar con lograr as súas propias metas.

E como non imos a bailar con La ChicaCharcos & The Katiuskas band!



xoves, 3 de outubro de 2019

Canto te quero, profe!

O libro que exploramos o martes foi: CANTO TE QUERO, PROFE.

Debedes ver toda a colección: A igualdade conta de Edicións Embora.

Foi escrito por Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Elas son consultoras en igualdade e fundadoras da Sociedade GALEA. Colaboran activamente neste campo mediante seminarios, xornadas, cursos...

A sÚa ilustradora é Spêla Trobec. 

Se querelles ver como é a nosa ilustradora podedes ver este vídeo da TVG no que temos unha entrevista dela e vemos como é o lugar onde vive (minuto 58):


Preme a imaxe.

Por certo, visitado o Instagram, podedes ver fotografías sobre o día da pingüibiblioteca.