martes, 11 de outubro de 2022

Vacío de Anna Llenas

 Ola, que tal estades?

Seguro que xenial! Hai xente que veo a biblioteca e puido gozar do libro de Anna Llenas, titulado Vacío. Se clicades na imaxe ides poder entrar na páxina da autora e poder facer unhas actividades moi interesantes.


Para quen non puido ir, non pasa nada! Podemos volver ver o conto pero tedes que estar atentas e atentos ao que pregunten. Sorte!. Clica no pingüi.







domingo, 9 de outubro de 2022

Quedamos este martes?

 Ola chuchis!!!

Este martes volvemos a abrir a biblioteca. O anterior pásamelo ben pero este aínda vai ser mellor. Pensabades que non?

Xa sei que ides ir de excursión o martes. Igual me animo e vos vexo na Vía Verde entre Vilacide e Trasmonte, tedes que estar moi atentas e atentos porque andarei xogando as agachadas entre os carballos, castiñeiros e pinos. 

ABRIDE BEN OS OLLOS E AS ORELLAS!!! A VER QUEN ME PILLA!!!



O conto que haberá na biblioteca é da autora Anna Llenas. Seguro que a coñecedes. Pero que conto será?

Para que vaiades abrindo boca déixovos un xogo sobre as emocións. Espero que vos guste.

Clica na imaxe



venres, 7 de outubro de 2022

O mundo das cores

 Experimento sobre as cores, quen pode adiviñalas?


CLICA NA IMAXE

martes, 4 de outubro de 2022

Henry papa de todo!

 Ola pingüicolegas!

Que ben o pasamos onte pola tarde!

O libro que lemos foi moi interesante e quedamos pampas e pampos co que podía chegar a tragar o protagonista da historia. Non todo o mundo consegue abrir así a boca. 

Pero hai un animal que ten a boca tan enorme como Henry, sábedes cal é?

Pista: vive no mar e na escuridade máis profunda. Clica e saberás...


E agora, recordemos...







luns, 3 de outubro de 2022

O increíble Neno devorador de libros de Oliver Jeffers

Ven a coñecer este libro tan divertido a Pingüibiblio este martes 4 de outubro. Anímate! 


domingo, 2 de outubro de 2022

Un novo ano, unha nova etapa!

 Queridas e queridos pinngüilectores!

Retomamos a pingüibiblioteca un ano máis, por fin sen mascaras e con liberdade de unión. Estou feliz!!!!

Este martes 4 de outubro comezamos coas actividades na biblioteca da sede en Vilarromariz. Estades convidadas e convidados. Non faltedes ímolo pasar XENIALLLLLL!!!.

Moitos pingüibikos!!!