mércores, 18 de outubro de 2023

Xaime e as landras

 Ola pingüi-linquis!

Este martes na biblioteca o conto escogido como relato de outono foi: Xaime e as landras.

Este relato foi escrito por Tim Bowley e ilustrado por Inés Vilpi.

Tim Bowley escribiu libros tan chulos como os seguintes:


Inés Vilpi é mestra de educación infantil pero tamén ilustradora se queres coñecer máis do seu traballo so pulsa na ilustración.



Para as persoas que non puidéstedes asistir ahí vai un vídeo feito pola rede de bibliotecas do Grove para que coñezades o conto:







domingo, 15 de outubro de 2023

O outono está a chegar...


 Ola pingüicolegas!

Espero ver este martes a un montón de amigas e amigos visitando a pingüibiblio. Este tempo está toliño de todo e as veces parece que podemos comer castañas asadas na piscina e outras veces chove e arrefría o tempo. 

Pero a pesar disto non esquezades que xa acerca.

Canción: O outono xa se acerca (Casa dx Nenx)





Próxima saída escolar: Picassos Animados e Museo de Historia Natural de Santiago

 Ola pingüins!


Imos de EXCURSIÓN!!!

Teño unha ganas de sair... estou que non durmo! É a primeira que facemos este ano. Que ben o imos pasar!!

Pero para ir abrindo dente redes aquí unhas pequenas referencias as duas visitas. Abride ben os ollos.





Clica na imaxe



Visita a calle do CRA




mércores, 11 de outubro de 2023

Un elefante se balanceaba de Judy Goldman e Carolina Covarrubias

 Neste martes Pingüi quixo darnos a coñecer unha canción clásica que todas as familias cantan de cando en vez. Recordades cal é?...


A que mola!!! O conto que limos chámase: Un elefante se balanceaba escrito por Judy Goldman e ilustrado por Carolina Covarrubias.



mércores, 4 de outubro de 2023

Miles de Libros de Eduardo Baamonde

Este martes 3 de outubro na biblioteca falamos das normas e dereitos que temos na Pingüibiblio. Coñecemos como é a sua utilización, onde se atopa cada cousa, que podemos esperar dela, como temos que pedir o que desexamos... unha sinxela formación.

Tamén levamos o carnet de pingüilector / pingüilectora e a mochila de biblioteca. Que chulas son!


Pero non podemos esquecer ler un conto e escollimos: Miles de Libros de Eduardo Baamonde. 




mércores, 27 de setembro de 2023

Pingüibiblio, voltamos!

 


Amigas e amigos voltamos a vernos un ano máis na Pingüibiblio! 

Recordade que as sesións de animación a lectura serán 

todos os martes pola tarde de 16:30 a 17:45.

Estou desexando voltar e medrar con vos!