luns, 13 de novembro de 2023

11 de novembro día das librerías

 Ola pingüíns!

Non sei porque pero andan decindo por ahí que sodes as máis listas e listos da contorna. E eu xa sei a razón de porque din isto. Pero vós sabédelo? Non?

Pois porque sodes as nenas e nenos que máis ledes e visitades moitas veces as librerías do concello e da zona. Canto máis ides a elas e mercades libros, máis cultura posuides.

Este martes imos celebralo con unha amiga moi especial. Ten as mans longas e chámase Lili. Tende coidado con ela está en busca e e captura.





mércores, 8 de novembro de 2023

Experimentar e aprender, Marie Curie...

 Que día máis divertido pasamos na biblioteca!

A ciencia é superinteresante. Parece complicada pero se pouco a pouco nos mergullamos nela decatámonos que é un mundo que está por descubrir.

Entre todas e todos coñecemos a Marie Curie.



Despois fixemos unha serie de experimentos. Ollo ao dato pingüíns! Veredes que divertido.


Para seguir con este tema podedes visitar: O PORTAL DA LINGUA GALEGA.

Alí podes topar mil e unha ideas. Convídovos a ver o libro interactivo da Toupiciencia, coidado que tedes que abrilo en ePub. Preguntadelle as mestras. Cos IPads podedes velo perfectamente.



A xanela do Maxín. O metodo científico Toupiciencia.

luns, 6 de novembro de 2023

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 Ola investigapingüís:

Que tal estades? 

Pola miña parte estou ansioso porque comeza o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Estou superfeliz!

Que mellor que indagar e resolver as curiosidades científicas que poidan xurdir das nosas experiencias. Así podemos ver o mundo dende outra perspectiva. 

Este ano o manifesto feito por Elena Vázquez Cendón, decana da Faculdade de Matemáticas e mestra do Despartamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), elaborou o manifesto deste ano: "Sementeiras de curiosidade científica". 

Se quereres velo so tedes que acudir ao seguinte enlace:

                                                                                           Clica na imaxe

Neste documento ademáis de ter o manifesto vai diferentes actividades para facer ao longo desta tempada.









mércores, 1 de novembro de 2023

Imos de excursión!


Pingüiexperiencia

 


Tarde medo, tarde de horror


 Que tal?

Seguro que as persoas que acudístedes a pingüibiblio pasástelo xenial. 

Que ía dicid que unha velliña sería tan lista e lograría librarse de tantas... A idade está claro que da moita sabiduría.

O libro que lemos titulase: A noite da visita; e foi escrito por Benoît Jacques. É un artista que publica nun montón de editoriais e ademais fai exposicións polo mundo adiante.

Supoño que algunha persoa deste CRA non puido vir pero non vos preocupedes déixovos un enlace a un vídeo que narra o conto que vimos. Adiante pingüilectoras e pingüilectores: