sábado, 25 de novembro de 2023
Tanxugueiras. Que non mo neguen.
xoves, 23 de novembro de 2023
Festa do Outono
Animádevos!
Este venres 24 de novembro celebraremos a festa do Outono e imos pasalo genial!
Aprenderemos moito sobre a comida destas datas e falaremos sobre a violencia de xénero. Non esquezades asistir.
mércores, 22 de novembro de 2023
Día de Pingüibiblio falando dos dereitos
Xa vin que viñestedes a biblioteca moitas e moitos e seguro que o pasástedes moi ben.
Polo que pueden pescudar polo buraquiño que teño agachado (que non o atoparedes nin de broma, 👅) vin que aprendéstedes moito.
Polo que observei había dous contos maravillosos.
Un deles foi:
Este conto é da editora Xerais e está escrito e traduccido por diversos autores e autoras:Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.
A continuación, coñecemos o conto de Pepe Carreiro: Os bolechas. Os dereitos da infancia.
martes, 21 de novembro de 2023
Ven a pingüibiblio!
luns, 20 de novembro de 2023
20 de novembro Día dos dereitos da Infancia
Fai anos, o 20 de novembro de 1959, durante unha reunión da Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) decidiuse asentar os dereitos das nenas e nenos do mundo.
As nenas e nenos sodes moi importantes e precisades ser valorados e valoradas como un tesouro para vivir en benestar e protección.
Queredes saber cales son?
No CRA de Oroso este ano celebramos este día facendo un vídeo conmemorativo colaborativo (Deixebre, Trasmonte, Senra e Vilacide) moi especial onde expresamos o que sentimos, que nos gusta, que non nos interesa...
Mirade que maravilla!
mércores, 15 de novembro de 2023
Búscase! Lili a lebre, ladroa de libros de Emily MacKenzi
Que tal este martes?
Xa vin por un buraquiño que complacéstedes a vos curiosidade sabendo o que son as librerías e o que poderes topar dentro delas.
Que lebre tan lista e como supo facelo para salirse coa súa. Este conto foi escrito por Emily MacKenzi que tanto escribe como ilustra libros.
De Lili tedes unha pequena colección completa de libros en inglés, pero ollo neste caso chámase Ralfy:
Se algunha ou algún non puido ir a pingüibiblio non desesperedes, aquí de ido un pequeno enlace, poderedes ver o conto signado:




