venres, 23 de febreiro de 2024

Caldo Gloria no CRA de Oroso

 AI, LERCHES!!!

Xa me enteré que para celebrar o día de Rosalía de Castro fixéstedes un Caldo de Gloria basándonos nos libros: 

Podedes clicar nos libros.









martes, 20 de febreiro de 2024

Martes Rosaliano

 Este martes adicamos as experiencias de animación a lectura centrándonos en Rosalía De Castro.

A súa vida foi interesante, a obra un descubrimiento, o seu pensar un arrolo, as súas creacións un refluxo de sentimentos...

Queremos darmos unha serie de libros para que poidades seguir profundizando no mundo rosaliano:










luns, 19 de febreiro de 2024

Semana de Rosalía de Castro

Ola pingüilectores!

Como seguro xa sabedes esta semana imos a  homenaxear a unha das nosas escritoras galegas mais querida: Rosalía de Castro. (clica no seu nome para saber máis).


Rosalía deiuxou un grande legado a cultura galega e posteriormente influenciou a moitas escritoras e escritores. Hoxe en día podedes conocer máis sobre a súa herdanza visitando: A Casa Museo Rosalía De Castro.

Clica na imaxe

Para recordar algunha obra... 















sábado, 10 de febreiro de 2024

Entroido 2024 no CRA de Oroso. A lexión pingüiromana!

No CRA DE OROSO  mostramos o mundo o valor e a diferenza da nosa escola!


Celebremos o Entroido ao estilo do Imperio Romano! 🎉🏛️


Benvidos e benvidas a unha viaxe ao pasado glorioso de Roma! 🌟 Este ano, as escolas Vilacide, Senra, Trasmonte e Deixebre uníronse para ofrecer un espectáculo único que che transportará á época das valentes soldadas romanas e soldados romanos eantiga Roma. 🛡️👑


🏟️ No noso festival de entroido, a cativada transformouse en auténticos soldados e soldadas romanos, para traerche unha representación chea de vitalidade e positividade sobre a vida na antiga Roma. Desde os seus costumes e formas de goberno ata a diversión e entretemento da época, todo foi coidadosamente recreado para o teu goce!


🤺 Pero iso non é todo, ao final da actuación, vivirás unha emocionante loita entre o pobo galo, representado polo noso querido profesorado, e os nosos valentes alumnos e alumnas romanos. Con todo, como un verdadeiro reflexo dos ideais de amizade e paz que valoraban en Roma, a batalla resolverase cun tratado de paz, onde ámbolos dous pobos deciden unirse como amigos e amigas. 💞🤝


Non te perdas esta experiencia única e emocionante para toda a familia! Únete a nós e se testemuña da maxia do Entroido ao estilo romano. 🥳 Esperámosche cos brazos abertos no noso centro escolar para vivir xuntos e xuntas este inesquecible viaxe no tempo! 🎭✨


Para velo so tes que acudir a nosa páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craoroso/


martes, 6 de febreiro de 2024

Xenerais da Ulla

Grazas a un exalumno da escola e a súa familia puidemos ver e coñecer de preto como é a vestimenta dos Xenerais da Ulla e a súa tradición. Moitas grazas por compartirlo. Tamén relemos o libro de Pepe Carreiro: