sábado, 9 de marzo de 2024
venres, 8 de marzo de 2024
xoves, 7 de marzo de 2024
Nube nube sol. Teatro ó cubo.
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Con nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva e o sol para que todo medre.
mércores, 6 de marzo de 2024
Maruxa moito traballiño tes!
Pobre Maruxa, moito traballo ten pero grazas a súa intelixencia fai que as tornas cambien. Que libro máis chulo e maravilloso. Foi escrito por Eva Mejuto. Querédela coñecer? clicade no seu nome.
Pero ademais deste libro escribeu moitos outros que coñecedes. Seguro!
luns, 4 de marzo de 2024
Imos coñecer a Maruxa!
Ola nenas e nenos!
Como seguro que xa sabedes esta semana está adicada a prensa. Nos xornais tanto dixitais como en papel podemos informarnos do que pasa na vida diaria: novas, espectáculos, deportes, exposicións.... Pero sabíades que tamén neste tipo de papel impreso xurdiron parte de algúns comics que coñecedes?. Por exemplo: (clica nas imanes se queres saber máis)
domingo, 3 de marzo de 2024
Saída escolar o 2 de marzo ao Teatro Principal!
Este martes imos de EXCURSIÓN!!!
Gozaremos dun espectáculo maravilloso titulado NUBE NUBE SOL no teatro principal. Queredes ver un pequeno resumo?.










