luns, 15 de abril de 2024

Vinde a biblio colegas!

 


Martes Pingüiespecial

 Tedes ganas de vir a Pingüibiblio?

Seguro que si.

Pois este martes imos adiantar a conmemoración do día do pingüíns, que se celebra o 25 de abril. Para min é un día moi importante porque nesta data fannos un lugar especial no mundo para recordar que debemos estar protexides, coidades e que vivamos moito tempo no planeta terra.

Porque aínda hai persoas que nos dan caza, estropean o lugar no que vivimos, non reciclan... E nos como calquer animal somo moi importantes para o ecosistema.

Clica na imaxe para ir ao enlace

Baila para recordar este día!




mércores, 10 de abril de 2024

Que ben o pasamos!

 Ola amantes da saúde!

Na tarde do martes vimos diferentes opcións para coidar a saúde das persoas e seres vivos que nos rodean. Como non coñecimos alguén foi especial, algo larpeira e foi viaxeira: A eiruga comellona.

Este libro foi escrito por Eric Carle. Un escritor moi coñecido por libros como...






Isto so é unha pequena mostra. Animádevos a ler! Son maravillosos!





domingo, 7 de abril de 2024

Día Mundial da Saúde

 Ola pingüiamiguis!

Queredes ver unha forma diferente de como coidar a cosa saúde? Pois non esquezades acudir a nosa visita semanal a biblioteca do CRA de Oroso!

A saúde é moi importante e todo mundo ten que coidarse e tentar fomentar bos hábitos non so na casa senón tamén fora dela. 

Podedes facer un pequeno diálogo ou debate sobre está temática, seguro que as mestras e mestres da escola quererán colaborar. Despois podedes levar as vosas conclusións a pingüibiblio.

Aquí tedes un vídeo introductorio sobre o tema:



mércores, 3 de abril de 2024

Ole o arte galego!

 Ola artistas!

Xa vin polo meu buraco o ben que o pasástedes na Pingüibiblio. Está claro que o mundo da arte é un tema moi interesante para vós. E como non para min tamén. 

Podesdes mercar ou coller en empresto o seguinte libro:

Clicade na imaxe

Está escrito por Isabel Blanco. Ten grandes obras e tamén unha adicada as mulleres na ciencia.

















luns, 1 de abril de 2024

Voltamos o martes!

 Este martes temos nova quedada na Pingüibiblio!

Seguro que xa sabedes que o 1 de abril é o día das artes galegas e está adicado a Francisco Asorey.  Un escultor galego que afincou o seu obradoiro preto de Oroso, na cidade de Santiago de Compostela. 


Se queredes traballar nas aulas a dito escultor so tedes que descargar os documentos que aparecen no seguinte enlace: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/equipos-dinamizacion/contido_3329/dia-das-artes-galegas-2024-francisco-asorey ; ademais tedes un logo xenial de Genially.

Aínda así nos esquezades acudir a pingüibiblio porque imos a mergullarnos no mundo das artes galegas. Tamén quero que vos decairdes de que o arte moitas veces non é apreciado pero a pesar de todo segue sendo arte: