martes, 15 de outubro de 2024
luns, 14 de outubro de 2024
Día das escritoras
Hoxe é o día das escritoras e dende o CRA de Oroso queremos felicitalas e darlles as grazas por toda a riqueza que aportan a sociedade. Sodes o noso faro.
Primeira saída escolar ao espectáculo "El Gran Traje" de La Sal Teatro
O vindeiro 18 de outubro faremos a nosa primeira saída escolar. Gozaremos do XXIX Festival Internacional Galicreques 2024.
Veremos a obra: El Gran Traje; feito por teatro La Sal. "Un traxe case tan ancho como unha casa e con petos case tan grandes como habitacions". Un espectaculo galardonado e que nos chega dende Andalucia.
domingo, 13 de outubro de 2024
O outono xa chegou...
Ola amigüis!
Que tal vai o outono? Xa vin que choveu, ventou, enfriou, volveu facer calor... Anda tolo este outono. Pola miña banda, eu estou feliz porque encántame que o tempo ande un pouco chalado, divirto máis.
Este martes na Pingüibiblio imos a explorar este tempo tan especial que ven cargado de festas como o magosto, o samaín...
Neste día imos coñecer a unha serie de animais nos que cada un ten a súa casiña pero todos queren abrir unha nova. Esta casiña é pequeñina e especial. A ver se adiviñades o título do conto:
Ave e non voa
lá e non é de ovella
se o adivinas
recoleta para a cesta.
Que é?
Se é moi difícil de acertar so tes que pulsar no debuxo para saber que ingrediente da receita pode ser...
martes, 8 de outubro de 2024
Non quero ser un polbo!
Quen non ía dicir que un polbo non quería ser el mesmo? A vida é así non sempre queremos ser o que somos e desejamos cambiar. Se estades na mesma situación non pasa nada e senón votádelle unha ollada o conto:
sábado, 5 de outubro de 2024
Martes animal!
Ola pingüilectorxs!
Este martes voltamos a ter unha gran festa na biblio. Non sei se o sabedes pero o día mundial dos animais e a sua protección foi o 4 de outubro e como bo pingüín, como non ía conmemorar este día?. Así que nesta sesión de animación lectora contade coa acogida de un animal moi especial.
PISTAS!!!
Vive no mar e ten tres corazóns.
A súa sangue é azul e moita xente anda detrás del para poder pállalo.
Se queres adivinar quen é pulsa na icona!
martes, 1 de outubro de 2024
Onde está o meu fuciño?
Ola Chulis!!!
Este martes de Pingüibiblio pasámolo moi ben! Comezamos falando dos dereitos e deberes que temos por formar parte deste lugar tan espacial. Se tedes curiosidade so debedes acudir ao seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1hsY0akPjGBJylzYl2gsQMT7mawLsC86z/view
Ademais disto levamos os nosos carnets de socio e unha mochila maravillosa para transportar tesouros lectores. Mola moito!
Pero iso non remata ahí senón que coñecemos un conto sobre un viaxe canceiro moi especial. O conto titúlase: ¿Donde está mi hocico?. Este libro foi escrito por Lucas Zanotto é diseñador, animador e director. Creo tamén uns debuxos de animación chamado Minimals, que vos parecen?









