mércores, 22 de xaneiro de 2025

Detective Friday

 ✨🕵️‍♂️ Atención, pequenos e pequenas detectives! 🕵️‍♀️✨


As nosas aulas enchéronse de misterio, emoción en lingua inglesa grazas a Camaleón Theatre. 🦎🎭


🎬 No escenario, trouxéronos unha historia apaixonante: o intrépido detective Friday necesita a vosa axuda para resolver un caso moi especial. 👀🔍 Onde estará escondido ese personaxe tan misterioso? 🤔 Coas pistas e a imaxinación dos nosos nenos e nenas, todo é posible!


🌟 Risas, aprendizaxe, maxia e traballo en equipo fixeron desta experiencia algo maravilloso. Unha maneira divertida e creativa de mergullarse no mundo da lingua inglesa e o seu dominio, xogando e aprendendo ao mesmo tempo.


💡 Creedes que Friday conseguiu resolver o caso? 🕵️ Seguro que os nosos pequenos axentes secretos teñen a resposta!




As manoplas de Carpuchiña

 Nesta tarde tan especial degustamos un conto maravilloso chamado: As manoplas de Carapuchiña. 

Clica na imaxe

Este conto popular foi obxecto de incontables versións. Un abano amplo de interpretacións que non se reduce á aleccionadora de Charles Perrault ou á edulcorada dos Irmáns Grimm. Así, figuras de prestixio da literatura infantil e xuvenil como Roald Dahl ou Gianni Rodari revisitaron desde o humor e a ironía este clásico para vestir de amarelo a Carapuchiña ou dotala dun arma coa que conseguir un abrigo quentiño de pel de lobo. (OQO Editora)

A súa autora é: Inés Almagro Zamanillo. E o seu ilustrador Mikel Mardones. 

Queredes velo?









sábado, 18 de xaneiro de 2025

English language immersion.

 


Nova quedada!

 Ola pingüicoleguillas!!!

Conto con vós o martes 21 para unha nova actividade na Pingüibiblio!!! Esta semana temos...


Con ganas de coñecelo? Pois agardote sen tardanza. 


 


mércores, 15 de xaneiro de 2025

Fedellando toda a tarde

 Ola coleguillas!!!

Xa vin que acudístedes a pingüibiblio. Queredes saber que conto coñecimos? Pois foi o seguinte: 


Este libro foi escrito e ilustrado por Ezra Jack Keats. Naceu en Estados Unidos e nos seus libros introducía todo tipo de persoas ademais de traballar co collage como técnica ilustradora. 

Queres velo? 









domingo, 12 de xaneiro de 2025

Ola pingüicolegas!!! Voltamos!!!

 




Este martes amigas e amigos imos a xogar con Pingüi e coñecer o mundo da robótica infantil no mundo invernal. Estades desexando comenzar?. Estamos agarsando por vós. Bikazos!!!

Animádevos a visitar o con: O boneco de neve.

Clica na imaxe