domingo, 9 de novembro de 2025

Día da Papiroflexia



A Pingüíbiblio énchese de papel e imaxinación!


O vindeiro 11 de novembro celebramos o Día do Origami na nosa biblioteca escolar.


Esta vez festexamos o Día Friki da Papiroflexia, a arte de dobrar papel para crear animais, flores, monstros... e mesmo naves espaciais! 


Durante a actividade:


Exploraremos diferentes tipos de papel —suaves, rugosos, finos, grosos— e descubriremos os seus sons e usos.


Crearemos unhas gafas frikis de papiroflexia para mirar o mundo doutro xeito… con máis cor, fantasía e diversión!


A través do xogo, da experimentación e da creatividade, o alumnado descubrirá que un simple anaco de papel pode converterse en algo marabilloso cando deixamos voar a imaxinación.


Agardámosvos na Pingüíbiblio para dobrar, rir e ver o mundo con novos ollos!


Queredes ver como funciona o origami?. Podedes acudir a este simulador, clicad no enlace.


https://origamisimulator.org/



mércores, 5 de novembro de 2025

Método científico na Pingüibiblio

Na nosa biblioteca... a ciencia soubo a maxia!

O alumnado este martes converteuse en auténticos pequenos científicos e científicas experimentando co método científico .

Elaboramos hipóteseis e despois…


Descubrimos que pasa cando á Coca-Cola lle botamos leite, sal, azucre ou bicarbonato… As reaccións foron sorprendentes!

Tamén celebrabamos o Día dos Sándwiches. Fixemos un delicioso e colorido sándwich unicornio.
Mesturamos queixo —un alimento poroso— con tintes alimentarios e... voilà! 
Unha crina chea de cores, sabor e ciencia!

Os nenos e nenas gozaron moitísimo, aprenderon experimentando e demostraron que a curiosidade é o primeiro paso para descubrir o mundo 

A ciencia tamén se investiga, se observa e se saborea!
E quen sabe... quizais aquí estean as futuras mentes que cambien o mundo 



luns, 3 de novembro de 2025

Ciencia na Pingüibiblio


Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares de Galicia

Este mes é moi emocionante porque chega un dos momentos máis especiais do ano… o mes da ciencia nas bibliotecas escolares de Galicia! 

A ciencia axúdanos a coñecer o mundo, a facer preguntas e a buscar respostas observando, experimentando e descubrindo cousas novas. Iso é o que chamamos método científico: pensar, probar, comprobar… e volver probar se fai falta! 

É un xeito de aprender que esperta a curiosidade e fainos sentir verdadeiros investigadores e investigadoras.

E sabedes que? Non hai que ser maior para facer ciencia. Dende as idades máis pequenas podemos observar, formular hipóteses, experimentar e descubrir, xogando e aprendendo ao mesmo tempo. 

Este martes na nosa biblioteca teremos unha sesión chea de experimentos científicos, onde poderedes poñer as mans (e o cerebro!) en acción. Será unha xornada divertida, chea de sorpresas e descubrimentos… Non faltedes!

Vémonos entre probetas, cores e risas!






domingo, 2 de novembro de 2025

A voz da avoa Maruxa

A voz da avoa Maruxa soou con forza no CRA de Oroso o pasado 30 de outubro da man de @2pingasmusicais, traéndonos recordos das cantareiras da nosa terra galega e facendo vibrar o corazón de pequenos e maiores. 

Queremos agradecer de todo corazón á ANPA Reviravoltas pola súa implicación e apoio constante . Grazas por facer posible experiencias tan fermosas coma esta, que unen música, emoción e tradición.

As familias sodes o motor que fai medrar o noso CRA . A vosa enerxía, colaboración e agarimo fan que cada proxecto sexa máis grande, máis humano e máis noso. 

Xuntas e xuntos somos comunidade, somos forza, somos futuro.
Grazas por estar sempre aí 



Magosto

Festa do magosto no CRA de Oroso!

O noso magosto encheuse de música, cor e sorrisos grazas á marabillosa actuación de @2pingasmusicais, que volveron facernos vibrar coa súa maxia musical e coa lembranza das cantareiras da nosa terra .

Un agradecemento enorme e cheo de cariño á ANPA Reviravoltas, que unha vez máis fixo posible esta experiencia tan especial.

Despois da actuación, o alumnado gozou dunha xornada chea de xogos populares e tradicionais galegos, cheos de desafíos, risos e amizade . 

A continuación comemos unhas deliciosas castañas asadas acompañadas de chourizos, froita de temporada… E rematamos con unha explosión de alegría que puxo o broche perfecto a un día inesquecible!

Grazas a todas as familias por estar sempre aí, por participar, por compartir e por facer do CRA de Oroso unha auténtica comunidade educativa chea de vida e ilusión 

Xuntas e xuntos facemos escola, facemos futuro! 





Abrindo o Calacú

 🎃✨ Os nenos e nenas do CRA de Oroso na escola de Senra encheron de maxia a aula!  Tallaron os seus propios calacús e pasárono de medo. Cada corte, cada man pringosa, cada sorriso e cada sementa sacada lévanos a lembrar a importancia de celebrar o Samain, unha tradición que nos conecta coas nosas raíces e que debemos coidar e conservar.

🕯️ Recuperar estas tradicións é aprender xogando, compartindo e gozando xuntos e xuntas, tal e como fixemos!

Estás preparando o teu calacú para celebrar o Samain? 🎃