mércores, 28 de novembro de 2018

ERIKA

Ola ourizos cachos!

Que tal este martes na biblioteca?.

Xa vin que seguides lendo moito e aprendedes a utilizar a nosa pingüibiblio. Polo que observei contaron un conto moi entretido chamado: Erika. No soy perfecta.

Este libro foi escrito por Alfonso Bañeres e ilustrado por Alfredo Piedrafita. Vemos un mensaxe a favor da autoestima e a importancia do coidado dos animais. Abandoalos por que non sexan "perfectos", non é a solución.

Por unha casualidade da vida tamén atopei outra historia moi especial. O seu protagonista é  NATURIZO. Son unha colección de contos sobre un ourizo cacho que vive por Ourense. En cada un aparecen outros personaxes moi interesantes que tentan coidar o seu medio e divirtense nas festas tradicionais. Gustaríavos coñecelo?. Clicade en NATURIZO:


Non perdades a súa canción!

Os seus autores son: Alba De Evan Freijedo e Javier Domínguez Pérez.

Tamén ten unha conta de Instagram, coma nós: https://www.instagram.com/explore/tags/naturizo/




martes, 27 de novembro de 2018

Radio na escola

Ola pingüi radiofónicos!

Hoxe veunos visitar a Radio Galega e fíxonos unha entrevista para o programa Galicia por Diante. Quique entrevistou ao alumnado o mostrounos como é unha radio. Grazas! Queredes escoitalo?

Saída escolar

Ola amigas e amigos:

O outro día entrou pola fiestra da biblioteca unha folla de cor violeta e con círculos negros. Parecida a esta: 

Cal foi a miña sorpresa, que resulta que tiña boca e falaba coma un loro.

Contoume que as nenas e nenos do CRA de Oroso ían de excursión a Sigüeiro. Que visitástedes un montón de lugares.

Primeiro o CEIP de Sigüeiro onde houbo unha actuación de Martiña Soñadora. Sábela King e Carlos Gil Fandiño deron un concerto fantástico onde puidestes cantar e gozar de diferentes ritmos musicais. A folla díxome que o Concello de Oroso trouxo esta opción musical.

Despois vístedes actuar as nenas e nenos mariores do IES de Oroso. Vaia baile se marcaron! Que ben o fixeron!. Houbo un manifesto fantástico sobre a importancia de previr a violencia de xénero. Todas e todos en negro!. Os comerciantes locais tamén colaboraron co peche dos seus negocios. 




E para remate da xornada coñecístedes as carteiras e carteiros do Concello. Amosaron a sua labor e como as cartas chegan aos nosos fogares. Grazas!

Para recordar aquí sedes un pequeno vídeo:




luns, 26 de novembro de 2018

Martes de outono.

Fixástesvos de que cada vez faltan máis follas?

Sentístedes o frío e a choiva?

Cada vez o outono corre máis e imos chegando ao inverno. Parece mentira pero xa o Nadal está petando na porta da escola.

Que tal ese comportamento?. Espero que sexa excelente senón xa sabedes carbón e castañas...

Este martes imos seguir falando desta maravillosa estación e dun animaliño moi picudo que se fan bola e corre polo monte, sobretodo de noite.

Sabedes que é? Non son eu, i, i, i...

Xogade e descubride. Tedes que dicir tres posibles solucións e despois darlle o botón para resolver. Quen acertaría?





xoves, 22 de novembro de 2018

Traballamos a saúde!

Ola pingüisaudables:

Que tal estades? 

Xa me enterei que polas escolas pasou a visitarvos o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. Mandaron a Ana, unha profesional no tema que explicou moitas cousiñas interesantes. Ollade!


RECORDAR...

Ola chicas e chicos:

Recordade que seguimos publicando na nosa conta de Instagram recomendacións lectoras e outras novidades. Estade atentas e atentos.

Clicade en min!