Que luns máis movido, non?. Sempre andades a pasear.
Que tal a saída escolar? Xa sei que en Trasmonte xogástedes e foi unha xornada fantástica. Que boas e bos anfitrionas e anfitrións!!! Grazas por ser tan amables e prestar a vosa escola para todo o CRA.
Para que non esquezades...
E xa sabedes continuade coa campaña OfiRaee. Reciclade os aparellos eléctricos e electrónicos nos lugares axeitados: puntos limpos, tendas de recollida...
Non sei se o sabedes pero as nenas e nenos de Deixebre marcharon de viaxe a Mercería María en Sigüeiro.
Unha persoa moi xenerosa convidou a toda a escola a ir traballar as matemáticas, plástica, coñecemento do entorno... ducha maneira diferente.
Polo que me contaron pasárono pipa, repipa. Mirade que vídeo - resumo!
Por certo, mil grazas pola invitación e non olvidedes que se precisades mercar botóns, goma, lazos, medias... e mil cousas máis acudide a mercería María de Sigüeiro (Oroso). É fabulosa.