luns, 29 de abril de 2019

Ola peregrin@s!

Que tal levades o camino?

Eu neste momento veño por Coimbra. Sabedes onde está?.

Unha pista veño acompañado de: Lía!

Imos apurando o paso e as rodas. Pouco a pouco espero chegar para vervos en Santiago o día 21 de maio. Conto con tod@s!!!


Recordade que este martes volvemos a ter unha cita!

mércores, 24 de abril de 2019

SACAPENAS

Ola viaxeir@s!

O conto que limos este martes foi un titulado: SACAPENAS


Este libro foi escrito traducido por: Chema Heras e Pilar Martínez, para a editora Kalandraka. A bolos dous coñecédelos por contos que están nas nosas escolas: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis ou la gallineta roja.

O seu ilustrador é Anthony Browne. O seu trabalho inclue un montón de contos maravillosos: o libro dos porcos, a colección de Willy...


Queredes ver as nosas labores?


martes, 23 de abril de 2019

Volta a biblio!

Ola pekes!

Que tal a Semana Santa? Eu paseino moi ben con uns colegas. Decidimos ir de viaxe. Por onde? 

SORPRESA!!! No Camino de Santiago!


Que ben o pasamos pero aínda non rematamos...

Recordade que hoxe pola tarde temos biblioteca!


mércores, 10 de abril de 2019

NOVOS AMIG@S NO CRA!!!!

Ola pingüidescubridor@s!!!

Non sabedes quen chegaron pola porta do CRA. Os COPs!!!

Non sabedes quen son? Pois os nosos CRAorosopuppets. 

Son unhas persoas novas que chegan as nosas escolas para que coñezamos a súa cultura e novas maneiras de mirar a vida. Van a axudarnos nas nosas escolas a ser máis sabi@s e saber resolver conflictos con estratexias basadas na paz, na solidariedade, na non violencia...

Queredes velos?

Pois aquí están!



Queremos dende aquí agradecer a Guadi Galego que nos deixe utilizar a súa canción Fronteiras. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!


Novo martes novo conto

Ola pingüilector@s!

Este martes volvimos a gozar dun conto feito por Olga de Dios. Se queredes recordar cousiñas dela só tedes que buscala no menú. Alí veredes lecturas anteriores dela.

O libro que vimos foi: LEOTOLDA. 


Esta lectura é moi especial, xa que o libro está elaborado con tres cores. Eso si, maravillosas!

Pero non queredes saber quen é LEOTOLDA?. Un chivatazo: non é ningún dos animais que aparecen na portada. Así que, ollo ao piollo!

Queredes bailar?. SEGURO QUE SI!!!!


luns, 8 de abril de 2019

Vinde a biblio!

Ola churumbeis!

Xa so queda un martes de biblioteca antes de que cheguen as vacacións de Semana Santa. Parece mentira e xa vai ala outro trimestre.

Agora xa queda menos para o remate de curso. Hai moitas e moitos que para o ano cambiredes de escola. Pero non se preocupar que sempre seremos amig@s!!!

Este martes tedes outra oportunidade para reunirnos na biblioteca. Vinde a pasar a xornada, non quededes na casa. Este é un espazo fabuloso para compartir.

Para que animedes a vos vontade!


Esta canción é de OVIRAVAI do seu álbum: As andanzas do Paio. Editado na editorial Galaxia.

mércores, 3 de abril de 2019

EHHH non esquezades visitar o Instagram

Ola seguidor@s!

Quero recordar que non marchedes sen visitar o noso Instagram. Alí aparecen mil e unha cousas das nosas escolas: actividades, experiencias, formación, ideas...

Non marchedes sen vernos!

CLICA NA IMAXE!!!