venres, 27 de setembro de 2019

Primeiro día de biblioteca. QUE ILUSIÓN!!!

Ola miñas e meus lector@s!!!

Que tal estades?

Este martes día 1 de outubro temos o noso primeiro día de biblioteca. 

Teño moitísimas ganas de comenzar!!!

Imos parolar sobre a biblioteca, como se utiliza, que podemos atopar nela... Formarémonos como lectoras e lectores empedernid@s.

Pero non faremos so anterior senón que tamén veremos un conto moi especial sobre Nicolás. É un neno no seu primeiro día de cole e como coñece á persoa que vai coidar del durante ese curso. Espero que gozedes.

Amosareivos a portada. Coñecédelo?


Aquí queda unha canción de GALETÓN! Para que recordemos canto amor teño:


Ai Canto Che Quero - Hugo Torreiro & Carlos Bau

mércores, 11 de setembro de 2019

Novo curso!!!

Ola pingüiamiguetes!

Xa está aquí o novo curso escolar. Estades listas e listos?. Eu estou en forma. Xa teño ganas de volver a vervos.

Este verán viaxei moito. Visitei a familia, tomei o sol e o xeo, patinei, nadei, deiteime a durmir a sesta...

Ánimo! Temos un novo curso por diante. Benvidas e benvidos a gente nova do nosso CRA e moitos mimos para o alumnado que marchou a outro cole. Seguro que todo vai ir xenial e ides ser superfelices. Recordade que ímosvos querer toda a nosa vida.

venres, 14 de xuño de 2019

Visita de convivencia ao CEIPP Sigüeiro

Ola pingúicompis!

Este xoves o alumnado que marcha (que peniña temos) foi visitar a súa nova escola. 

Aquí tedes algunhas fotografías sobre ese gran día: (clicade en min)

luns, 10 de xuño de 2019

Novas nos medios

Educación e Medio Rural fomentarán as agrupacións de unitarias para fijar a poboación do rural. 


Os CRA de Santa Comba e Coristanco fusiónanse.




domingo, 9 de xuño de 2019

O novo vídeo das COPs: Raro

Aquí temos un estreo moi esperado, gozade del:




Ser diferente é o máis maravilloso do mundo. 

luns, 20 de maio de 2019

Ola pingüíns

Ola! Que tal estades?

Xa sei que andades de ponte!. Eu tamén sigue facendo o camino con Lía, xa case chegamos a Santiago. Seguro que mañán nos vemos! Querelles ver un anaco da nosa andaina?


Estamos pasando moi ben. Mañá vémonos e non esquezades vir a biblioteca pola tarde. Imos ver arte, como a espectacular obra arquitectónica que ides visitar!

mércores, 15 de maio de 2019

Día en Familia!

Ola queridiñ@s!

Como ben sabedes hoxe é o día das familias. 

Seguro que todos vós tendes unha ao voso lado.

Pois eu tamén teño unha inmmmmeeeeessssaaaa! Somos un montón de irmás e irmáns, curmás, tías, tíos... Miña nai e meu pai din que parecemos un galiñeiro cando estamos xunt@s!

Eu creo que perden un pouco de aceite, porque seamos realistas, nos somos pingüíns e non galiñas, están un pouco tocados da á.


Recordades aos nosos COPs?... Seguro que si!

Pois hoxe van a falarnos das súas familias. Colleron como referencia un conto superchulo chamado: En familia! e outros parentes de Alexandra Maxeiner e Anke Kulh.

Mirade o que contan: