martes, 31 de outubro de 2023

Saída escolar: O Neno de Pau

O xoves día 2 de novembro todo o alumnado o CRA fará unha visita ao Auditorio de Galicia para ver a obra: O neno de pau; interpretada pola Banda Música de Santiago de Compostela. 

Para máis información visitade o seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/bmsc-%C2%B7-o-neno-de-pau

https://www.facebook.com/BandaMunicipalSantiagoCompostela/?locale=gl_ES



luns, 30 de outubro de 2023

Recomendacións lectoras de Samaín

Este ano a Asesoría de Bibliotecas Escolares versa sobre a banda deseñada. Como pingüilectores bule-bule que sode seguro que queredes saber máis sobre o medo. Eu, Pingüe, vou mostrarvos un mundo novo que descubrir, pero coidado que ninguén se mexe ou se lle escape algo co horror que ides coñecer, que non teño cueiros para todo o mundo. 


Clica en min para ir a presentación

Se queres descargar o documento vai o seguinte enlace: CONTOS METEMEDO







domingo, 29 de outubro de 2023

Toc, toc, toc... Chega o Samaín!

 Ola pingüimedicas!

Xa chegou o Samaín, tempo de ánimas e medos.

Estados dispostas e dispostos a ter unha tarde de terror?

Non teñades pánico! que seguro que ides gozar moitísimo.

Ide abrindo boca con este pequeno vídeo...


Conto con vós!






martes, 24 de outubro de 2023

PÍM! PÁM! PÁF! de Gustavo Roldán

Quedamos sen palabras.

Miramos con ollo de aguia.

Observamos todos os detalles.

E moito nos gustou.

Este libro tan sinxelo e colorido mostrounos unha historia que temos que ler de maneira diferentes. Quen o  ía dicir!

O seu autor é Gustavo Roldán foi un escritor que publicou infinidade de libros para nenas e nenos. 

A súa frase máis conocida foi: "Aspiro a escribir textos donde la cantidad de años que tenga el lector no sea más que un accidente, como el verano o la lluvia o el frío"

Imos escoitar o conto: El erizo; escrito polo mesmo Gustavo:


Queredes ver algunha das nosas creacións?









24 de outubro día das bibliotecas escolares

 

Clica na imaxe




luns, 23 de outubro de 2023

24 de outubro: Día das bibliotecas escolares!

 Ola pingüins!

Que tal estades? No meu caso estou SUPERFELIZ!!! Seguro que xa o léstedes no título.

O 24 DE OUTUBRO É O DÍA DAS...


Este martes temos unha cita. E seguro que o tema xa o tedes na punta do bico, pensadle, pensade...


A BANDA DESEÑADA

Dende aquí queremos que coñezades unha das revistas de banda deseñada publicada en Galicia chamada Golfiño (seguro que se buscades na biblioteca algún exemplar atoparedes). Imos viajar a Tebeosfera para ver como era: