Este martes teremos unha sesión especial!
A ANPA Reviravoltas fará unha sesión de creación de manualidades relacionadas co tempo de Entroido. Non esquezades apuntarvos!
Este martes teremos unha sesión especial!
A ANPA Reviravoltas fará unha sesión de creación de manualidades relacionadas co tempo de Entroido. Non esquezades apuntarvos!
Que tal na pingüibiblio?
Xa vin polo meu buraquiño que coñecéstedes a pomba da paz no conto:
Ola pazamigues!
Este martes seguro que o adiviñástedes xa e senón dígovolo eu. Será o día da Paz e da non violencia!!!
Este ano no CRA de Oroso xa sabedes que o noso lema é... Burbullas pola paz. Gravamos un vídeo fantástico e estades de estreno e primicia. Queredes velo?
Non esquizades asistir a sesión de animación lectora, pois unha amiga moi especial está por chegar e poderédela coñecer.
Así é a vida...
Non hai cor!
Neste conto vimos como a vida dun oviño é unha aventura ata que atopa o seu lugar. Así tamén deben ser as nosas vidas. Temos que investigar, aventurarnos, decidir, loitar, perseverar... para lograr o que queiramos acadar.
Este libro tan maravilloso foi escrito por Raúl Bermejo e ilustrado por Nacho Uve. Se queredes ver unha entrevista feita aos dous creadores so tedes que clicar na imaxe:
Ola peke, pekes!!!
Non sei se vos decatástedes pero levo tempo pensando no mundo que nos rodea.
Segundo a vida pasa o planeta Terra vai modificándose non so a propia natureza senón da man das persoas que vivimos nel.
Chegáronme rumores de que estades a estudar o imperio romano e a sua realidade. Seguro que apreciredes as diferenzas dende aquela época a época actual.
Tamén sei que en ciencias sociais de segundo de primaria hai un tema sobre o universo. A que é interesante?.
Pois esta semana imos coñecer outro totalmente diferente, onde imos ter que colaborar para poder chegar ao final do conto.
Conto coa vosa amizade para podelo resolver.
Ademais imos facer un experimento moi especial. Se querelles descubrilo so tedes que vir. Quedamos!!!
Vede o vídeo de recomendación:
Maravilla de día e maravilla de nenas e nenos!
Que ben o fixéstedes e como aprendéstades a maneira autónoma a facer neve artificial. A todo o mundo lle gusta experimentar e coñecer novas sensacións.
Pero non so aprendimos isto seno que coñecemos a un colega novo chamado Pepiño Cebolas, as persoas que viñeron a biblio xa saben o porqué, e o resto debe ver o conto para podelo saber. Podedes levar empréstamo ou mercalo na librería máis próxima.
Ilustrouno Álex Meléndez e Beatriz Dapena. Invíntovos a acudir aos seus enlaces. Veredes as obras de ambos.
Agora imos aprender algo máis das cebolas na canle de YouTube: Clowntifics, ciencia que conecta.
Ola pingüíns!
Xa chega outro martes de festa e animación. Estos días estou que non mo creo! QUE FRÍO FAI! É MARAVILLOSO!
Este tempo recórdame moito a miña casiña.
Nesta próxima quedada imos a facer un experimento moi especial e ademais coñecermos a Pepiño. Queredes saber quen é?. Mira o vídeo...