venres, 29 de marzo de 2024
venres, 22 de marzo de 2024
Semana Santa
Ola pingüi amiguetes!
Chega un tempo de descanso. Relaxádevos e a gozar. Non esquezades...
ler moito!
mércores, 20 de marzo de 2024
Teatro de Sombras CRAmaravilloso
Este martes para conmemorar o día do teatro e as artes decidimos elaborar un teatro de sombras CRAmaravilloso.
Nesta aventura mergullámonos nun mundo moi interesante e diferente, onde podemos expresar as nosas emocións e xogar coa nosa creatividade e imaxinación.
Mirade que loucura de tarde!
luns, 18 de marzo de 2024
Teatro no CRA de Oroso
Ola pingüins!
Sabedes o que é o teatro?
Claro que si!!!
É unha das actividades culturais e artísticas máis antigas que se coñecen na humanidade. Unha arte escénica que se vai sobre un escenario e recrea unha ou varias historias mediante actrices e actores, música, escenografía...
Xa sei que este curso fostes ver NUBE, NUBE, SOL.
Hai moittos tipos diferentes: de rúa, de títeres, radioteatro, pantomima (ao igual que as pessoas do imperio romano)...
A población romana acolleu o mimo como diversión e encantáballe. Cando facían banquetes e festas privadas contrataban unha compañía de actores para entreter a xente. Tamén nos teatros e anfiteatros cando había descansos dos gladiadores e gladiadoras, das carreiras de carros no circo ou outras competicións deportivas. Tiñan diversión garantizada!
Imos ver unha versión actual dunha actuación dun mimo:
domingo, 17 de marzo de 2024
Explorando o mundo máxico dos cómics!
Benvidas e benvidos, aventureiros e aventureiras da imaxinación, a unha viaxe fascinante cara ao universo do cómic na Pingüibiblio! 🚀📚
Neste emocionante episodio, mergullámonos no incrible mundo de Pingüi, onde a maxia das palabras e as imaxes cobra vida. 🌟 Algunha vez preguntáchesche que sente ao ser un heroe ou heroína dentro dun cómic? Hoxe é o teu día de sorte! En colaboración coa Pingüibiblio da Imaxinación, mergullámonos nun mundo onde a creatividade non ten límites. 🎨💭 Onde as persoas máis cativas ata as máis grandes, poden ser parte desta aventura! Imaxina un lugar onde os teus soños convértense en viñetas e as túas historias toman vida propia. 💫 Desde aprender sobre os superpoderes das túas heroínas e heroes favoritos ata crear as túas propias historias épicas, aquí todo é posible! Nesta actividade tan especial, nenos e nenas de infantil, así como de primeiro e segundo de primaria, deron renda solta á súa imaxinación e exploraron o vasto universo do cómic. 💥 Desde deseñar traxes de superheroes ata dar vida a persoaxes temibles, cada páxina desta experiencia está chea de emoción e diversión. Únete a nós mentres descubrimos os segredos detrás da creación de cómics, desde o bosquexo inicial ata o vibrante colorido final. 🎨💥 Prepárate para mergullarche nun mundo onde a aventura está a só unhas páxinas de distancia! Así que toma a túa capa, afía os teus lapis de cores e únete a nós nesta viaxe inesquecible ao corazón mesmo do cómic! 🚀📚 Non te perdas esta oportunidade única de explorar, crear e soñar! Estás listo para ser a persoa protagonista da túa propia aventura? Entón acompáñanos nesta emocionante viaxe ao mundo máxico do cómic! 💫🎉 Non esquezas subscribirche a nosa canle, darlle like e compartir este vídeo con todas as túas persoas conocidas aventureiras! Ata a próxima, heroes e heroínas da imaxinación! 🌟mércores, 13 de marzo de 2024
Banda Deseñada no CRA de Oroso
Que ben, que festa, o comic entrou pola porta grande!!!
Este martes vimos varios libros moi especiais:
Entre todos eles falamos de POLICAN un héroe canceiro que co seu olfacto e a sua intelixencia chega a descubrir todos os segredos e enigmas que se lle propoñen.
