xoves, 30 de maio de 2024
mércores, 29 de maio de 2024
GRAN FESTA, GRAZAS MARIA DA PONTRAGHA E A MIGHELON PAZ
Xa vístedes que sorpresa tan impresionante tiñamos!
xoves, 23 de maio de 2024
Festa despedida da Pingüibiblio en Vilarromarís; curso 2023 - 2024
Ola familias do CRA de Oroso!
Temos unha nova que non vos podedes perder! O próximo 28 de maio, na Pingüibiblio en Vilarromarís, celebramos a despedida das actividades de bibliotecas feitas na sede e facémolo dunha maneira moi especial: cunha máxica sesión de contacontos ao aire libre!
Data: 28 de maio
Hora: de 17:00 a 18:30
Lugar: No campo da festa de Vilarromarís, sempre que o tempo o permita. Senón poidera ser alí avisaríase da nova ubicación.
Comprácenos anunciar que contaremos coa presenza dunha contacontos espectacular e marabillosa, mostraranos con paixón historias de aventuras e fantasía convértena nunha narradora única. Os seus contos están cheos de ilusión e encanto, e estamos seguras de que tanto nenas e nenos como as persoas adultas quedarán engaiolados pola súa arte.
Esta actividade non só é unha oportunidade única para gozar dun evento cultural enriquecedor en familia, senón tamén unha maneira perfecta de pechar o ano escolar cunha experiencia inesquecible. Queremos que todos e todas se sintan parte desta celebración, compartindo a maxia dos contos nunha contorna natural que potenciará aínda máis a beleza das narracións.
Por que non poden faltar?
Unha ocasión irrepetible: A nosa contacontos ten unha habilidade especial para transportarnos a mundos marabillosos. Perderse esta oportunidade sería como deixar pasar un tren cara a un mundo de fantasía.
Conectar coa natureza: Se o clima o permite, gozaremos dos contos ao aire libre. Unha experiencia que enriquecerá os sentidos e fomentará o amor pola contorna rural.
Despedida do ano escolar na Pingüibiblio da sede: Queremos que esta xornada sexa un bonito recordo de fin de curso, celebrando todo o aprendido e vivido durante o ano.
Fomento da lectura: Os contos non só entreteñen, senón que tamén inspiran á lectura e á aprendizaxe. Esta actividade é unha excelente maneira de motivar aos nosos pequenos e pequenas a seguir explorando o marabilloso mundo dos libros.
Non deixedes pasar esta oportunidade única de gozar en familia e comunidade dunha actividade que promete ser máxica e memorable. Estamos a desexar vervos por alí!
Non faltedes! A maxia dos contos espéranos.
Con agarimo,
O equipo do CRA de Oroso
mércores, 22 de maio de 2024
Fantástico martes!
Este martes falamos sobre un tema moi especial ao que adicamos o mes de xuño.
Coñecemos a Luisa e a súa historia: "Ahora me llamo Luisa"; Este conto foi escrito por Jessica Walton, unha profesora australiana a cal nos mostra mediante as súas diferentes publicacións o mundo LGTBIQ+. O seu ilustrador é Dougal MacPherson.
Queredes coñecer o conto? Clica no vídeo.
luns, 20 de maio de 2024
venres, 17 de maio de 2024
mércores, 15 de maio de 2024
Feliz día das Familias
Hoxe, 15 de maio, celebramos o Día Internacional das Familias! No noso centro rural agrupado @craoroso de #educacióninfantil e #educaciónprimaria, queremos honrar a todas as #familias que nos rodean. Sabemos que cada familia é única e especial, e a súa diversidade enriquece a nosa contorna escolar e, sobre todo, a aprendizaxe do noso alumnado.
