mércores, 19 de xuño de 2024

Unha saída de fin de curso espectacular!

Os alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado de Oroso viviron unha experiencia máxica na escola de circo "Circo 9". Dende o primeiro momento, quedaron marabillados co mundo do circo, aprendendo habilidades incribles e descubrindo a súa paixón por esta arte tan especial. 


Non só se divertiron moito, senón que tamén desenvolveron destrezas que lles serán útiles para toda a vida: equilibrio, coordinación, traballo en equipo e confianza en si mesmos e mesmas. Ademais, as familias decatáronse co moito que gozaron e aprenderon as súas cativas e cativos. 

O circo é un mundo fascinante cheo de maxia e talento,e estamos moi felices de compartir esta experiencia inesquecible! 

Unha cousa importante non esquezades que esta semana están de portasabertas Non esquezades acudir, tedes que apuntavos. E o sábado teñen a gran gala de solsticio de verán, conta con vós!




luns, 17 de xuño de 2024

Este verán, continua coa lectura!

Non esquezas gozar do tempo estival e seguir progresando no mundo lendo e aprendendo dos xogos e contos! Ánimo Pingüicolegas!




martes, 11 de xuño de 2024

Receitas proxecto cacao

O cacao e o seu mundo nas nosas receitas escolares!
Queremos compartir con vós as deliciosas receitas que os noso alumnado creou con tanto esforzo e agarimo! Estas receitas son parte do noso proxecto educativo que explora o cacao, dende a súa orixe ata as marabillas culinarias que podemos facer con el.
Tortitas de Chocolate: Estas esponjosas e riquísimas tortitas están feitas con cacao puro e un toque secreto de amor. Perfectas para un almorzo cheo de enerxía ou unha merenda especial. Sírveas con froitas frescas e un pouco de xarope de chocolate e déixache levar polo sabor!
Canapés de Chocolate: Pequenas delicias que sorprenderán a todos e todas. Estos canapés combinan praceres divinos e unha lixeira capa de chocolate. Unha explosión de sabor en cada bocado que será o centro de atención en calquera evento!
Cada receita é unha mostra do talento e dedicación das nosas nenas e nenos, quen aprenderon sobre o proceso do cacao dende a semente ata o produto final. Encántanos ver como aplican os seus coñecementos en creacións tan deliciosas!




martes, 4 de xuño de 2024

Martes de formación

 

Incrible xornada de formación sobre Disciplina Positiva! 


As familias do CRA de Oroso tiveron a oportunidade de aprender da man de Marián Cobelas como corrixir comportamentos desde o afecto e a empatía.


Nesta sesión práctica, Marián ensinounos a establecer vínculos emocionais cos nosos fillos e fillas para que comprendan que corrixir non é rexeitar, senón unha oportunidade para medrar e mellorar. 


Non te perdas máis formacións e súmate a esta comunidade de aprendizaxe. 



mércores, 29 de maio de 2024

GRAN FESTA, GRAZAS MARIA DA PONTRAGHA E A MIGHELON PAZ

 Xa vístedes que sorpresa tan impresionante tiñamos!

María da Pontragha acompañounos nunha tarde maravillosa e mostrounos un mundo máxico creo de creatividade e ilusión.
María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta. (Fonte, Festival internacional de narración oral Atlántica).

Xunto a ela estivo a sua parella Mighelon Paz. Queredes ver un recordo do día? Pois adiante!