martes, 10 de marzo de 2026

Visita de Antía García

 Querida Antía García,

No CRA de Oroso queremos darche as grazas de corazón pola túa visita e pola marabillosa charla que compartiches co noso alumnado. Foi unha experiencia na que aprendemos que o fútbol tamén se escribe en feminino, e que as mulleres teñen un papel fundamental dentro do deporte, tamén como árbitras.

No marco do Día da Muller, a túa presenza recórdanos que cada paso que dás no campo tamén abre camiño para moitas outras.

Grazas por ensinarnos tanto e por demostrar que o talento, o esforzo e a ilusión non teñen límites.

Con todo o noso cariño,
O alumnado e profesorado do CRA de Oroso 




8M no CRA de Oroso: Senlleiras Deportistas

No CRA de Oroso celebramos o Día Internacional da Muller cun proxecto moi especial: “Senlleiras Deportistas”, unha proposta de Aprendizaxe Servizo (ApS) coa que o noso alumnado investigou, descubriu e puxo en valor a traxectoria de grandes deportistas galegas.

Nas aulas coñecemos historias de superación, esforzo e talento de mulleres como Sara Gacio Cendal, Valeria Batire Guridi, Vicky Alonso, Teresa Abelleira, Adiaratou Iglesias, Teresa Portela, Judith Rodríguez e Susana Rodríguez. Mulleres que, desde diferentes disciplinas deportivas, acadaron grandes logros e se converteron en referentes para as novas xeracións.

O alumnado elaborou pósteres sobre deportistas galegas de distintas localidades, co obxectivo de dar a coñecer as súas carreiras e visibilizar o papel das mulleres no deporte.

Ademais, analizamos novas sobre deporte feminino, reflexionando sobre a realidade das mulleres deportistas e valorando as súas traxectorias profesionais máis alá das medallas e competicións.

Moi pronto poderedes ver os pósteres nunha exposición nas escolas do CRA.
Mentres tanto, xa podedes descubrir as novas elaboradas polo alumnado nesta páxina:

https://sites.google.com/view/senlleirasdeportistas/senlleiras-deportistas?authuser=0

Animádevos a entrar na ligazón e ler o traballo do noso alumnado!

Porque educar tamén é crear referentes, abrir camiños e dar visibilidade ás mulleres que inspiran



luns, 9 de marzo de 2026

Un agasallo feito con todo o corazón

Dende o noso cole estivemos encantados de preparar este agasallo de agradecemento para as persoas do Fogar Residencial Porto Vieira. POR FIN O IDES COÑECER!

Foi a nosa maneira de dicir GRAZAS pola vosa participación, pola vosa creatividade e pola vosa ilusión. 

Esperamos de todo corazón que desfrutásedes moitísimo vendo este vídeo, tanto como nós desfrutamos preparándoo.

As persoas maiores sodes unha parte fundamental da nosa comunidade e para o noso alumnado é unha sorte poder compartir momentos, aprendizaxes e emocións convosco 

Grazas por tanto.
Seguimos camiñando xuntos e Xuntas.




domingo, 8 de marzo de 2026

ALERTA NA PINGÜIBIBLIO!

Algo moi misterioso pasou na biblioteca do CRA de Oroso

ESCAPARON AS PREGUNTAS DOS LIBROS!

Agora están agochadas por toda a biblioteca e o noso alumnado terá que axudarnos a atopalas…

Para que serven os libros?
A que sabe a lúa?

De que cor é un bico?
Os peixes teñen sede?
Quen apaga as estrelas pola mañá?

Este martes 10 celebraremos o Día Internacional de Hacer Preguntas xogando, lendo e imaxinando na nosa Pingüibiblio.

Historias que nacen dunha pregunta, como A que sabe a lúa?  ou De qué cor é un bico?  axudarannos a descubrir algo moi importante:

Preguntar é a mellor forma de aprender.

Porque cada pregunta…
abre unha porta
acende unha idea
e pode cambiar o mundo.


Podedes aprobeitar para xogar un pouco antes de que escapen tamén das escolas!









SENLLEIRAS DEPORTISTAS

No CRA de Oroso estamos descubrindo algo incrible…

Hai mulleres que correron máis rápido que os límites, que marcaron goles contra os prexuízos,
que nadaron contra corrente para abrir camiño ás demais.

O noso alumnado está investigando e dando voz ás mulleres deportistas que fixeron historia. Mulleres valentes, fortes, soñadoras… senlleiras. 

Porque o deporte tamén se escribe en feminino.
Porque cada historia conta.
E porque cada nena merece saber que pode chegar onde queira. 

Neste 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a todas esas deportistas que abriron camiños… e tamén ás que están empezando a percorrelos nas nosas aulas. 

Moi pronto compartirémosvos máis descubrimentos deste proxecto que nos está facendo aprender, sorprendernos e admirar.

Queredes coñecer a estas Senlleiras Deportistas?
Estade atentas… porque as súas historias merecen ser contadas. 



Bo camiño!

 Grazas Lucía!

Marchas para Valencia, pero levas na maleta un anaquiño do noso cole… e nós quedamos cun montón de recordos fermosos contigo!




martes, 3 de marzo de 2026

Audición na Pingüibiblio


 

Pasámolo de fábula!

Quen ía dicirnos que a audición era tan importante pero tan divertida tamén.

Pero non so iso senón que tamén coñecimos a Hervé Tullet ilustrador e escritor de libros para nenos e nenas. Ten mil e unha aventuras que podemos coñecer. Como por exemplo...






Tamén ten xogos superinteresantes.

Queredes ver o conto?


E agora un xogo!