venres, 27 de setembro de 2019

Primeiro día de biblioteca. QUE ILUSIÓN!!!

Ola miñas e meus lector@s!!!

Que tal estades?

Este martes día 1 de outubro temos o noso primeiro día de biblioteca. 

Teño moitísimas ganas de comenzar!!!

Imos parolar sobre a biblioteca, como se utiliza, que podemos atopar nela... Formarémonos como lectoras e lectores empedernid@s.

Pero non faremos so anterior senón que tamén veremos un conto moi especial sobre Nicolás. É un neno no seu primeiro día de cole e como coñece á persoa que vai coidar del durante ese curso. Espero que gozedes.

Amosareivos a portada. Coñecédelo?


Aquí queda unha canción de GALETÓN! Para que recordemos canto amor teño:


Ai Canto Che Quero - Hugo Torreiro & Carlos Bau

mércores, 11 de setembro de 2019

Novo curso!!!

Ola pingüiamiguetes!

Xa está aquí o novo curso escolar. Estades listas e listos?. Eu estou en forma. Xa teño ganas de volver a vervos.

Este verán viaxei moito. Visitei a familia, tomei o sol e o xeo, patinei, nadei, deiteime a durmir a sesta...

Ánimo! Temos un novo curso por diante. Benvidas e benvidos a gente nova do nosso CRA e moitos mimos para o alumnado que marchou a outro cole. Seguro que todo vai ir xenial e ides ser superfelices. Recordade que ímosvos querer toda a nosa vida.