xoves, 28 de novembro de 2019

Novo horario de biblioteca

Este luns día 2 de decembro faremos a nosa sesión de animación a lectura e a ENAPA para as familias. Contamos con todas e todos. Seguimos falando do día internacional contra a violencia de xénero. Atentas e atentos.

Este vídeo foi feito polo IES Maestro Juan de Ávila en Ciudad Real:



martes, 26 de novembro de 2019

Pingüibiblio cancelada e a ENAPA tamén.

Debido as inclemencias do tempo a nosa sesión de animación a lectura este martes será cancelada.

luns, 25 de novembro de 2019

Martes contra a violencia de Xénero!

Ola pingüíns!

Este martes conto que veñades por dous motivos moi importantes.

Primeiro porque o pasamos moi ben e hoxe imos coñecer a unha morea de amigas novas que nos van ensinar moitas cousiñas sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.


Chámanse bonecas #8M e podédelas atopar en: 

Clica na imaxe

Pero sobretodo imos desfrutar dun conto novo titulado: Hermanastra. Mirade o seu vídeo:



En segundo lugar, avisado as familias de que están convidadas a outra sesión da escola de nais e pais. 

Estou desexando estar con vós! Moitos pingüibikos!




domingo, 24 de novembro de 2019

25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero.

Ola amigas e amigos!

Entereime que hoxe ides de excursión ao CEIP de Sigüeiro a ver unha obra de teatro titulada "CONTOS VELLOS NOVOS, FINAIS" de Caxoto. Espero que o pasedes moi ben. O Concello de Oroso está a hacer unha campaña fabulosa sobre esta temática tan importante nos tempos que corren:


Seguro que xa estades desexando gozar desta gran obra. Aquí queda unha proba:



mércores, 20 de novembro de 2019

Día mundial dos Dereitos da Infancia

Ola amiguetes!!!

Hoxe é o día mundial dos dereitos da infancia.

Neste documento podedes ver que cousiñas son obrigatorias para cumplir con todas as nenas e nenos do mundo.

Aínda que nos parece que moitas cousas xa as alcanzamos non é certo. Aínda queda un longo percorrido por facer.

Deixo un xogo para que xoguedes moito, podedes descargalo e pasalo ben en familia:


Tamén podedes mirar os vosos dereitos con Pocoyó:




mércores, 13 de novembro de 2019

Teño dúas casas de Embora Edicións

Seguimos avanzando co tema da igualdade.

Este martes tocoulle o turno a un gran conto titulado:


Preme na imaxe para acceder ao libro.

Cando cambia a vida dunha persoa cando dous seres moi queridos para ela separan os seus camiños. Pero eso non ten que ser sempre malo, a felicidade e un novo mundo pódese abrir ante nós.

As súas autoras: Paloma Rodríguez e Cristina Justo xa son moi coñecidas no nose blogue. So tes que clicar en autoras e aparecerán máis entradas delas ante os teus ollos.

Recordade tamén a Spela Trobec en ilustradoras. Cantos recordos!

Mirade que chuladas fixemos!






xoves, 7 de novembro de 2019

Un conto moi especial

Ola pingüíns!!!

Quen dixo que ter dúas casas non mola?

Este martes imos coñecer a unha amiga que vive en dous hogares diferentes. 

Aquí queda un pequeno conto de aperitivo:


mércores, 6 de novembro de 2019

Orellas de Bolboreta

Ola pingüichulis!

O conto deste martes e moi coñecido nas escolas, pero ante a gran acollida que ten volvemos a lelo.

Seguro que xa non rememorades a última vez que o vimos. A ver que vos refresco a memoria, clicade no pingüin:


Como sempre este libro é un éxito. Mirade que de cousiñas fijemos:

  

Que chula quedou!