luns, 21 de novembro de 2022

Dereitos das nenas e dos nenos 20 de novembro


 

Martes de quedada

 Ola bonic@s!

Queredes quedar este martes? seguro que SIIIII!

Estou desexando vervos! 

Imos coñecer un conto moi bonito que fala de arcos. Xa sábeles que temos muitos tipos de arcos: das pontes, das portas das casas, nas construccións, o arco da vella...

Pero agora tócache asistir a biblioteca se queres saber de que arco se trata, asi que ollo ao piollo!!!

Por certo, un colega meu costume que tedes arcos Waldorf na vos escola. Deixo unhas ideas para que o intentedes... Moito animo!!!








  

   











Semana do 25 - N Contra a violencia de Xénero

Ola amigas e amigos!

Esta semana dedicaremos tempo e espazo a este tema tan importante na Nosa sociedade. Estade atentas e atentos as novidades que as mestras vos van a dar a coñecer nas aulas. Ademais faremos unha saída o mércores 23 de novembro a Sigüeiro onde asistiremos ao espectáculo musical de Jara Ortiz “Lúa triangular”.

Aquí vai unha proba:


CLICA NA IMAXE



martes, 8 de novembro de 2022

Magosto!!!








 

A casa do rato Renato na Pingüibiblio

Ola miña cativada!

Que contento estou de retomar as sesións de animación a lectura! Que ganas de vernos! Este martes encantounos o conto. Que voltas pode dar vida para chegar a resolver situacións difíciles.

O conto A casa do Rato Renato podes atopalo en Barafunda Animación.

Escrito por Manuel Castro Lima e ilustrado por Francisco Ameijeiras Sánchez. Crearon outros contos como:


Clica na imaxe para ver como é.

Queres ver algo do que fixemos?

luns, 7 de novembro de 2022

A casa do Rato Renato

Ola pingüilectores e pingüilectoras:

Que tal estos días? Levamos sen vernos demasiado tempo. Quero retomar as vosas visitas. Este martes temos este conto tan especial. Animádevos a vir?


Conto con vós.

mércores, 26 de outubro de 2022

Retomamos o Magosto!

  Ola pingüíns!

Recórdovos que este venres se o tempo nos acompaña temos FESTA!!!! 

Pero como non é así queda aprazado! Sinto moito, ata novo aviso colegas!










martes, 25 de outubro de 2022

Que conto mais bo!

 Ola compis!

Que tal este martes? Seguro que estades encantados e encantadas.  Eu paseino moi ben e xa estou pensando en que vou poñer cando toque disfrazarnos, irei de momia? de melón asesino? Non o teño claro.

Non vos descoidedes porque o medo pódese atorar en calquera lado. Imos ver unhas fotiños deste día tan especial:





Quen pensaba que O Samaín comenzara así?. 

Agora a xogar e gozar!

CLICA NA CABAZA




sábado, 22 de outubro de 2022

Martes de medo e ilusión

 Ola pingüicolegas!

Xa chega o Samaín e seguro que estades tan nervioses coma min. Ando algo preocupado porque dixéronme que en algunha escola pensan disfrazarse para asustar a veciñanza. Coidado, coidado! non vaia a ser que atopedes ao sacauntos, o gatipedro ou algún que outro monstro.

Este martes temos unha sesión no que coñeceredes todos os segredos desta data tan terrorífica. Imos ver:



O COMEZO DE TODO


Non vos preocupades que eu andarei por alí vixiando para que non pase nada. 

Pero quereres saber o que é o medo? e como afrontalo? Aquí vai un contiño que fala deste tema tan interesante.

CLICA 

Este conto é de Lorena A. Martí e Federico Gomis Coloma. Se o queredes está publicado na editora Cuatro Hojas.


mércores, 19 de outubro de 2022

Que tal ese camaleón?

 Que conto mais guai coñecimos este martes na Pingüibiblio!

Estubo xenial e pasámolo PIPA!



Seguro que queredes saber como se merca e onde conseguilo. Hai vai un pequeno vídeo:

CLICA

Para os pingüilectores que non asistístedes queremos que coñezades a Leo Lionni e a súa importancia na literatura infantil. Escribiu infinidade de contos non so: Unha cor propia. Seguro que recordados este e tamén é do mesmo autor.




luns, 17 de outubro de 2022

Marte de cores e amores

 Ola pekes!

Hoxe son detective e ando a procura dun conto moi espacial no que se fala das cores. Foi escrito por Leo Lionni:



Pero escribiu tantos contos que non sei cal deles pode ser:




Se o o quereres gozar a pingüibiblioteca tendes que chegar!

Pero como son un bo animal vou deixar unha pista:

Clica en min.








xoves, 13 de outubro de 2022

Saída escolar pola Vía verde

 Amiguiñas e amiguiños!

A excursión que fixéstedes foi super interesante seguro que estades desexando ver un pequeno resumo e recordar. Ahí vamos... Imos aló!



E agora unha mostra de como vedes o mundo a través dos vosos ollos... Graza a Ainoa e Martina pola sua contribución coas cámaras de fotos:




martes, 11 de outubro de 2022

Vacío de Anna Llenas

 Ola, que tal estades?

Seguro que xenial! Hai xente que veo a biblioteca e puido gozar do libro de Anna Llenas, titulado Vacío. Se clicades na imaxe ides poder entrar na páxina da autora e poder facer unhas actividades moi interesantes.


Para quen non puido ir, non pasa nada! Podemos volver ver o conto pero tedes que estar atentas e atentos ao que pregunten. Sorte!. Clica no pingüi.







domingo, 9 de outubro de 2022

Quedamos este martes?

 Ola chuchis!!!

Este martes volvemos a abrir a biblioteca. O anterior pásamelo ben pero este aínda vai ser mellor. Pensabades que non?

Xa sei que ides ir de excursión o martes. Igual me animo e vos vexo na Vía Verde entre Vilacide e Trasmonte, tedes que estar moi atentas e atentos porque andarei xogando as agachadas entre os carballos, castiñeiros e pinos. 

ABRIDE BEN OS OLLOS E AS ORELLAS!!! A VER QUEN ME PILLA!!!



O conto que haberá na biblioteca é da autora Anna Llenas. Seguro que a coñecedes. Pero que conto será?

Para que vaiades abrindo boca déixovos un xogo sobre as emocións. Espero que vos guste.

Clica na imaxe



venres, 7 de outubro de 2022

O mundo das cores

 Experimento sobre as cores, quen pode adiviñalas?


CLICA NA IMAXE

martes, 4 de outubro de 2022

Henry papa de todo!

 Ola pingüicolegas!

Que ben o pasamos onte pola tarde!

O libro que lemos foi moi interesante e quedamos pampas e pampos co que podía chegar a tragar o protagonista da historia. Non todo o mundo consegue abrir así a boca. 

Pero hai un animal que ten a boca tan enorme como Henry, sábedes cal é?

Pista: vive no mar e na escuridade máis profunda. Clica e saberás...


E agora, recordemos...







luns, 3 de outubro de 2022

O increíble Neno devorador de libros de Oliver Jeffers

Ven a coñecer este libro tan divertido a Pingüibiblio este martes 4 de outubro. Anímate! 


domingo, 2 de outubro de 2022

Un novo ano, unha nova etapa!

 Queridas e queridos pinngüilectores!

Retomamos a pingüibiblioteca un ano máis, por fin sen mascaras e con liberdade de unión. Estou feliz!!!!

Este martes 4 de outubro comezamos coas actividades na biblioteca da sede en Vilarromariz. Estades convidadas e convidados. Non faltedes ímolo pasar XENIALLLLLL!!!.

Moitos pingüibikos!!!