xoves, 30 de xaneiro de 2020

Peace Day

Hello friends!

Happy Peace Day!!! Today is a wonderfull day. You see the video, ok?


mércores, 29 de xaneiro de 2020

Unllas de cores para tod@s!

Ola pingüicolegas:

Se viñéstedes a biblioteca seguro que o pasástedes moi ben, e non foi así lástima.

O conto que vimos foi:


Podedes apreciar que a súa escritora é Alicia Acosta e Luis Amavisca. Foi ilustrado por Gusti. 


Aínda que xa sabemos que moitas e moitos xa gozástedes desta historia, sempre temos un espazo para volver repetir. Visitade a publicación do Instagram que falamos, imaxinamos, debuxamos, pintamos... sobre este conto.




domingo, 26 de xaneiro de 2020

Con ganas de... PINGÜIBIBLIO???

Hi!

How do you do?... Perdón, que se me vai a cabeza ao inglés. Xa me dijo un paxariño que estades a todo traballar nun proyecto moi especial para o día da PAZ. Eu quero vervos!!!!

Preparade as vosas mans e sobre todo unllas que na biblioteca vai pasar algo moi gordo.

SORPRESA, SORPRESA!!!


Para deixarmos coa curiosidade solta... Polo un vídeo sobre Exipto e unha das súas gran faraonas: CLEOPATRA.


mércores, 22 de xaneiro de 2020

Que tal ides?

Que tal colegas?. Xa hei visto que na Pingüibiblio seguides profundando no tema da igualdade. Con dous libros fantásticos e que polo que vexo son os favoritos de moita xente. Xa sabemos que Canizales é un gran escritor e ilustrador que ten contos estupendos. Xa vedes como unha bruxa pode chegar a atopar a súa propia beleza e unha nena " guai" logra ver como é o camiño para ser mellor.



Preme nas portadas para ir a páxina web de Canizales.

Para que vaiades abrindo boca aquí queda outro conto no que o noso autor foi o seu ilustrador


Premede sobre a imaxe para escoitar a súa canción.

Para ver as fotos da sesión de biblioteca clicade no Instagram!!!




domingo, 19 de xaneiro de 2020

Martes de conto martes de encontro

Ola que tal? Este martes volvemos ter unha cita en Vilarromarís. Xa saberedes que estou moi feliz cada vez que chegas de visita. Me aledádesme as tardes. Atópome cos nervios a flor de pel, o motivo é que está a chegar o día da Paz e para min é un dos días mais importantes do ano. Defendo valores como a igualdade, o amor, a inclusión, a integración... Todo o que beneficie as nosas vidas, para lograr un clima de paz e harmonía.

Para que teñades un xogo da paz e poidades gozar en familia:

Clicade

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Princesas e príncipes especiais

Ola amigas e amigos: Este martes vimos na Pingüibiblio dous contos onde unha princesa e un príncipe son diferentes. Cada un quere facer a súa propia vida e gozala en plenitude. Pero a sociedade non lles permite facelo. Os seus títulos son:



Ambos os libros foron escritos por: Babette Cole.

venres, 10 de xaneiro de 2020

Volta das vacacions!!!

Que tal este tempo de Nadal?

Seguro que coméstedes moito e como fixo bo tempo saístedes a pasear moitos dos días. Eu tamén quixen viaxar e fun ver a miña familia. 

Alí bailamos, saltamos, fixemos bonecos de neve, pescamos... Moito nós gustou sair e voltar a estar todas e todos xunt@s.

 

Estar en familia e gozar é o mellor!!!

Pero cambiando de tema, seguro que tedes moitas ganas de verme non?. Eu estou desexando volver a escola e facer outra tarde de pingüibiblio.

Espero que este martes veñades todas e todos de visita seguro que o pasamos xenial.

Un caracol exipcio moi particular...