mércores, 19 de febreiro de 2020

Os bolechas van de entroido

Ola colegas!

Este martes vimos un conto onde os Bolechas nos falaban sobre @s Xenerais da Ulla. Non nos pilla moi lonxe e creo que nestas festas de entroido podemos ir a velas e velos.

O libro foi ilustrado e escrito por Pepe Carreiro

Se queredes ver un episodio moi especial deles so tedes que clicar na imaxe:

luns, 17 de febreiro de 2020

Xa chegou o entroido!!!

Veña colegas que este martes volvemos a ter festa na biblioteca!!!

Chegou o tempo das orellas, filloas, bolos preñados, cachucha... Pero ademais, temos que disfrazarnos e bailar. 

Teño uns nervos!!! Que chegue o venres, quero ver os traxes que levaredes.



Canción de Paco Nogueiras

domingo, 16 de febreiro de 2020

Coidado, coidado... que o Meco ven preparado!

Non esquezades, 
esta semana que o Meco vai mandar 
como debemos vestirnos para triunfar!


mércores, 12 de febreiro de 2020

Unha eiruga moi larpeira

Vaia conto!

Algúns e algunhas xa o coñecíades pero sempre está ben recordar historias. Ademais xa sabedes que Eric Carle é un autor que namora nas nosas escolas.

Escribeu libros como:

   


Na nosa Pingüibiblio hai un lote de cousiñas feitas por el, sobretodo na seccion de inglés. Veña a que esperades! Collede algún conto deste autor.


luns, 10 de febreiro de 2020

Unha eiruga moi especial

Ola chicas e chicos!

Este martes estamos invadidos na Pingüibiblio por eirugas. Hai que andar con coidadiño de non pisalas e agarimalas.

Unha delas é diferente e sempre ten unha fame do demo. Queredes coñecela?

Pois xa sabedes o que toca facer. Vinde a visitarme.


mércores, 5 de febreiro de 2020

A historia dos bonobos con lentes

Ola colegas!!!

Vaia libro máis chuli vimos o martes na Pingüibiblio!!!.

Quen ía decir que a esta historia acabaría dándonos unha lección tan importante.


O libro que gozamos foi:

Preme na imaxe para ir a editora do libro.

De Adela Turin e Nella Bosnia. Ámbalas dúas publicaron unha colección de libros sobre igualdade que esperamos que leades, porque son moi interesantes:

   
Seguro que algún xa o coñecíades. Xa sabedes colledeos en préstamo na nosa biblioteca ou na que esté máis preto, como a do noso Concello Oroso. E se sodes de mercar, acudide as librerías da nosa contorna, en Sigüeiro seguro que hai algunha que consigue estes libros tan maravillosos.

A LER, COMPIS!!!

luns, 3 de febreiro de 2020

Biblioteca en igualdade

Ola peke, pekes!!!

Hoxe na biblioteca imos coñecer unha historia moi especial sobre uns Bonobos con anteollos:




Xa sabedes... Vinde a Pingüibiblio!!!!