martes, 24 de marzo de 2020

Ola pingüicolegas!!!

Seguro que pensástedes que me atopaba mal, pero nanai, nanai!!!

Aquí estou outra vez con moita enerxía. Quero que continuedes lendo moito. Para axudar neste avance educacional aquí vou deixar un conto feito nas escolas fai anos. Seguro que gusta!



luns, 9 de marzo de 2020

Estou esperando a todas e todos!

Ola loitadoras e loitadores!!!

Feliz #8M!!! Xa me contaron que o luns fixéstedes unha excursión moi especial, para ver unha obra adicada ao día das mulleres que trouxo o Concello de Oroso. Seguro que foi fantástica!

Eu lin moito e vin o voso vídeo sobre as mulleres máis importantes de Exipto. Moito aprendín e continuo con ganas de seguir investigando o tema. Como esta é a semana da prensa vou revisar todos os días os periódicos e ver se hai novas sobre este tema. Tamén ides estar atent@s?


domingo, 8 de marzo de 2020

#8m

Moi bo día da Muller. O país que estamos coñecendo neste trimestre é Exipto. Como non ía facer un vídeo de mulleres importantes nesa cultura. Preparadas e preparados?

Non esquezades que se loitamos e perseveramos cadaremos a igualdade na sociedade. Sen medo! 

mércores, 4 de marzo de 2020

Por catro esquinas de nada

Que conto máis divertido! E moito xogamos con el!

  

Este libro foi elaborado por Jerôme Ruillier  

Pero non esquezamos a Escola de Familias. Moitas grazas por asistir!

 

domingo, 1 de marzo de 2020

Escola de Familias e Pingüibiblio

Ola lector@s!!!

Preparadas e preparados para outro día de desfrute e gozo na Pingüibiblio?

Acaba de contarme un paxariño que hoxe hai escola para todas as familias. Que oportunidade máis boa para acudir!

E vos tendes tamén a ocasión de ver un conto novo basado na integración e na igualdade. Neste libro hai un dilema moi especial que deberes tentar resolver. Déixovos coa intriga colegas!