mércores, 30 de outubro de 2024

Martes terrorífico

 Ola pingüisamainenses!

Que tal o martes? Gustouvos a sesión de medo? Seguro que si. Algunha e algún de vós fallástedes a cita pero non vos preocupar porque aínda quedan moitas quedadas ao longo deste ano escolar. 

Vouvos mostrar os diferentes contos que coñecimos:

A PANTASMA COLORIDA


Este libro foi escrito por Gema García unha galega de Cesuras que fixo realidade o seu soño de escribir relatos dándonos esta obra tan maravillosa. O relato foi colaborado por Rocío Pedreira a cal tamén nace en Cesuras e adicta a súa vida a literatura infantil.

UN CUARTO CHEO DE MONSTROS



Neste caso o libro foi realizado por María Canosa, ela é unha escritora moi recoñecida e ademais con infinidade de obras presentes nas nosas bilbiotecas es librerías. Axudoulle a darle un toque creativo Dani Padrón  se clicades no nome podedes ver diferentes obras feitas por el. Algunha seguro que vos soa: ba!, a veces mamá ten tronos na cabeza, Pan de millo de Migadlas...

¿DÓNDE ESTÁS MONSTRUO PINO?


Neste libro temos que facer unha pequena investigación visual grazas a Sergio Olivotti un escritor e ilustrador italiano radicado o mundo da literatura infantil e que imparte clases en escolas segundarias. 

Como vedes foi unha gran tarde! 

Déixovos con unha canción maravillosa de Sergio Olivotti:









domingo, 27 de outubro de 2024

Chega o martes do Samaín e os monstros veñen a por ti...

 Ola colegas!

Este martes ímonos mergullar no tempo do Samaín. Veremos contos de medo e faremos algunha actividade interesante. Non esquezades acudir! Se queredes xogar online so clicade no pigüicabaza!

Aqui tedes un pequeno avance dos libros que imos a coñecer...






xoves, 24 de outubro de 2024

24 de outubro. Día das bibliotecas. Por un futuro sostible.

🌿📚 24 de outubro: Celebramos o Día das Bibliotecas! 🌟✨


🔖 Baixo o slogan "Por un futuro sostible", a nosa biblioteca escolar transfórmase nun lugar cheo de aventuras, coñecementos e soños... e ti podes ser parte desta historia! 🎉


🚀 Queres viaxar a mundos máxicos, coñecer heroes valentes e aprender como coidar o planeta? 🌍🌿 Na biblioteca atoparás TODO o que necesitas: dende os libros máis fascinantes ata os recunchos onde a creatividade non ten límites. 💡


🌈 A Pingüíbiblioteca espérache cos brazos abertos:


📚 Historias incribles que che levarán lonxe

🎨 Obradoiros onde as túas ideas convértense en arte

🌟 Momentos inesquecibles con amigos e amigas que comparten a túa paixón

🌻 Este 24 de outubro, ven e descobre como os libros nos ensinan a construír un futuro mellor para todos! 💚




mércores, 23 de outubro de 2024

León na biblioteca de Michelle Knudsen

 Que boa tarde e que conto máis maravilloso!!!

A que non contabades con este final na historia? Xa sabedes que as pintas enganan moito. Nunca xuzges calquer ser simplemente polo seu aspecto ou a sua fama. Ollo piolhos e piollas!

Este libro foi escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes. 

Michelle Knudsen é unha autora estadounidense que publica moitísimos libros para nenas e nenos.

Se clicas na foto irás ao seu instagram

Por outro lado Kevin Hawkes ilustrou este conto e moitos máis como por exemplo...




Agora podemos ver o conto, apetécevos?







domingo, 20 de outubro de 2024

Non vos apetece acudir o 22 de outubro a pingüibiblio?

 Ola preciosos e preciosas!!

Non sabedes que este martes temos cita? Pero que cabeciña tedes... 

Hai que comer máis noces. Xa que estamos no outono agora é o tempo delas.

Este martes na biblioteca imos coñecer outro animal moi especial. Adiviña, adivinanza...


Cando me peiteo moito teño que peitear

cando falo a todo o mundo fago calar

a femia comida vai buscar

e eu os fillos e fillas teño que criar.

Quen son?

Clica...


Anímaste a vir? Veña!!!







mércores, 16 de outubro de 2024

Matemáticas manipulativas


 

A abelá de Eric Battut

 Ola outoniños!

Que tal este martes na biblioteca? Supoño que xenial. 

Como ben sabedes coñecimos a un froito de outono moi especial: a abelá. Ademais duoha serie de animais que foron pasando de maneira encadeada un detrás doutro ata chegar ao final do conto.

Este conto foi escrito e ilustrado por Eric Battut.  Estudou para ser abogado e economista pero sorprendente ao ver que esas non eran as profesións que lle gustaban e decidiu adicarse a literatura. Encántalle escribir e ilustrar. Algún dos seus contos son..



Seguro que se escolles algún encantarache!

Agora imos ver este conto para recordar como é:









Saída aos galicreques

 


luns, 14 de outubro de 2024

Día das escritoras

 Hoxe é o día das escritoras e dende o CRA de Oroso queremos felicitalas e darlles as grazas por toda a riqueza que aportan a sociedade. Sodes o noso faro.



Primeira saída escolar ao espectáculo "El Gran Traje" de La Sal Teatro

 O vindeiro 18 de outubro faremos a nosa primeira saída escolar. Gozaremos do XXIX Festival Internacional Galicreques 2024

Veremos a obra: El Gran Traje; feito por teatro La Sal. "Un traxe case tan ancho como unha casa e con petos case tan grandes como habitacions". Un espectaculo galardonado e que nos chega dende Andalucia. 



Para acceder ao permiso son clica: GALICREQUES 2024


domingo, 13 de outubro de 2024

O outono xa chegou...

 Ola amigüis!

Que tal vai o outono? Xa vin que choveu, ventou, enfriou, volveu facer calor... Anda tolo este outono. Pola miña banda, eu estou feliz porque encántame que o tempo ande un pouco chalado, divirto máis.

Este martes na Pingüibiblio imos a explorar este tempo tan especial que ven cargado de festas como o magosto, o samaín... 

Neste día imos coñecer a unha serie de animais nos que cada un ten a súa casiña pero todos queren abrir unha nova. Esta casiña é pequeñina e especial. A ver se adiviñades o título do conto: 

Ave e non voa

lá e non é de ovella

se o adivinas

recoleta para a cesta.

Que é?

Se é moi difícil de acertar so tes que pulsar no debuxo para saber que ingrediente da receita pode ser...


Agora imos aprender algo máis!






 

martes, 8 de outubro de 2024

Non quero ser un polbo!

Quen non ía dicir que un polbo non quería ser el mesmo? A vida é así non sempre queremos ser o que somos e desejamos cambiar. Se estades na mesma situación non pasa nada e senón votádelle unha ollada o conto:


Este conto foi escrito e ilustrado por Francesca Chessa unha artista nada en Italia nun pequeno pobo preto de Turín. Aínda que ela estudou arquitectura deuse conta que prefería pintar e decideu cambiar de profesión. Gañou moitos premios e vive nunha casa moi especial chea de cores e libros. Encantalle ler, ver películas, andar en bici e nadar.


Escribeu e ilustrou moitos máis libros como por exemplo...









sábado, 5 de outubro de 2024

Martes animal!

Ola pingüilectorxs!

Este martes voltamos a ter unha gran festa na biblio. Non sei se o sabedes pero o día mundial dos animais e a sua protección foi o 4 de outubro e como bo pingüín, como non ía conmemorar este día?. Así que nesta sesión de animación lectora contade coa acogida de un animal moi especial.

PISTAS!!!

Vive no mar e ten tres corazóns. 

A súa sangue é azul e moita xente anda detrás del para poder pállalo. 

Se queres adivinar quen é pulsa na icona!


Estou esperando por vós! Non esquezades acudir seguro que o pasaremos xenial!

Para rematar imos a danzar!!!







martes, 1 de outubro de 2024

Onde está o meu fuciño?

 Ola Chulis!!!

Este martes de Pingüibiblio pasámolo moi ben! Comezamos falando dos dereitos e deberes que temos por formar parte deste lugar tan espacial. Se tedes curiosidade so debedes acudir ao seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1hsY0akPjGBJylzYl2gsQMT7mawLsC86z/view

Ademais disto levamos os nosos carnets de socio e unha mochila maravillosa para transportar tesouros lectores. Mola moito!

Pero iso non remata ahí senón que coñecemos un conto sobre un viaxe canceiro moi especial. O conto titúlase: ¿Donde está mi hocico?. Este libro foi escrito por Lucas Zanotto é diseñador, animador e director. Creo tamén uns debuxos de animación chamado Minimals, que vos parecen?



Agora unhas fotos desta tarde tan espacial!