sábado, 10 de febreiro de 2024

Entroido 2024 no CRA de Oroso. A lexión pingüiromana!

No CRA DE OROSO  mostramos o mundo o valor e a diferenza da nosa escola!


Celebremos o Entroido ao estilo do Imperio Romano! 🎉🏛️


Benvidos e benvidas a unha viaxe ao pasado glorioso de Roma! 🌟 Este ano, as escolas Vilacide, Senra, Trasmonte e Deixebre uníronse para ofrecer un espectáculo único que che transportará á época das valentes soldadas romanas e soldados romanos eantiga Roma. 🛡️👑


🏟️ No noso festival de entroido, a cativada transformouse en auténticos soldados e soldadas romanos, para traerche unha representación chea de vitalidade e positividade sobre a vida na antiga Roma. Desde os seus costumes e formas de goberno ata a diversión e entretemento da época, todo foi coidadosamente recreado para o teu goce!


🤺 Pero iso non é todo, ao final da actuación, vivirás unha emocionante loita entre o pobo galo, representado polo noso querido profesorado, e os nosos valentes alumnos e alumnas romanos. Con todo, como un verdadeiro reflexo dos ideais de amizade e paz que valoraban en Roma, a batalla resolverase cun tratado de paz, onde ámbolos dous pobos deciden unirse como amigos e amigas. 💞🤝


Non te perdas esta experiencia única e emocionante para toda a familia! Únete a nós e se testemuña da maxia do Entroido ao estilo romano. 🥳 Esperámosche cos brazos abertos no noso centro escolar para vivir xuntos e xuntas este inesquecible viaxe no tempo! 🎭✨


Para velo so tes que acudir a nosa páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craoroso/


martes, 6 de febreiro de 2024

Xenerais da Ulla

Grazas a un exalumno da escola e a súa familia puidemos ver e coñecer de preto como é a vestimenta dos Xenerais da Ulla e a súa tradición. Moitas grazas por compartirlo. Tamén relemos o libro de Pepe Carreiro: 




mércores, 31 de xaneiro de 2024

Obradoiro de manualidades de Entroido. ANPA Reviravoltas

 Este martes teremos unha sesión especial!

A ANPA Reviravoltas fará unha sesión de creación de manualidades relacionadas co tempo de Entroido. Non esquezades apuntarvos!



Ánimo chega o tempo de ENTROIDO! Imos coñecer algo desta festa.









A pomba da paz

 Que tal na pingüibiblio?

Xa vin polo meu buraquiño que coñecéstedes a pomba da paz no conto: 


Este libro foi escrito por Jordi Sierra i Fabra, este escritor catalán ten moitísimos libros escritos dirixidos a nenas e nenos coma vos. Seguro que se ides ao enlace que está no nome, podedes pescudar a ver cales recoñecedes. 

As ilustracións foron trazadas por Nivio López. Este artista crea obras tan importantes coma esta ou libros de Gloria Fuertes a gran poetisa.

Para celebrar este día imos ver un vídeo sobre a paz de Gloria Fuertes e como non voltaremos a desfrutar da nosa propia creación:











luns, 29 de xaneiro de 2024

Este é un martes moi especial

Ola pazamigues!

Este martes seguro que o adiviñástedes xa e senón dígovolo eu. Será o día da Paz e da non violencia!!!

Este ano no CRA de Oroso xa sabedes que o noso lema é... Burbullas pola paz. Gravamos un vídeo fantástico e estades de estreno e primicia. Queredes velo?

Non esquizades asistir a sesión de animación lectora, pois unha amiga moi especial está por chegar e poderédela coñecer.