venres, 16 de xaneiro de 2026


 No CRA de Oroso vivimos días que enchen o corazón

O noso alumnado foi agasallado con xoguetes que xa non se utilizaban nos fogares e que, grazas á xenerosidade das familias, atopan aquí unha segunda vida chea de ilusión, aprendizaxe e xogo compartido.

Queremos expresar un agradecemento moi especial á mamá de Marcos e Martín, que nos fixo chegar un auténtico tesouro: area máxica, xogos manipulativos, propostas vencelladas ao reciclaxe, ás matemáticas e ao xogo creativo. Materiais que xa están a enriquecer o día a día das nosas aulas e a facer do xogo unha poderosa ferramenta educativa.

Desde aquí queremos lembrar a todas as familias e persoas próximas ao centro que cando un xoguete xa non se usa, pode seguir facendo feliz a outros nenos e nenas. Doar, compartir e reutilizar é educar en valores, é coidar do planeta e é construír comunidade.

No CRA de Oroso cremos nunha escola aberta, viva e participativa, onde as familias son protagonistas. Ás que xa formades parte desta gran familia… grazas
E ás que estades a pensar na futura matrícula escolar, dicímosvos que aquí educamos xuntos e xuntas, compartimos e medramos en comunidade.

Porque compartir é das cousas máis fermosas que se poden ensinar 

mércores, 14 de xaneiro de 2026

Esa cousa pegañenta


 
Na nosa Pingüibiblio seguimos descubrindo días fríkis con lecturas e parendizaxes que sorprenden, divirten e fan pensar. 

Quero falarvos do libro Esa cosa pegajosa, un conto moi especial escrito por María Márquez e ilustrado por Bea Enríquez.


Quen está detrás desta historia tan pegañenta?


María Márquez é autora de libros cheos de humor, curiosidade e preguntas que nos fan mirar o mundo con outros ollos. As súas historias adoitan partir de cousas cotiás para convertelas en auténticas aventuras para a mente.

 




Bea Enríquez, ilustradora, dálles vida ás palabras cun estilo divertido, expresivo e moi visual, facendo que cada páxina sexa unha pequena sorpresa.



As dúas crearon libros que fan rir, pensar e aprender xogando. En Esa cousa pegañosa descubrimos o chicle dun xeito totalmente diferente.


Na Pingüibiblio do CRA de Oroso os libros non se len… 




luns, 12 de xaneiro de 2026

Nova quedada da Pingüibiblio

Animación á lectura con moita… chispa na Pingüibiblio! 

O 13 de xaneiro a Pingüibiblio do CRA de Oroso vaise converter nun espazo moi especial, cheo de curiosidade, risas e aprendizaxes pegaxosas . Celebramos o Día Mundial do Chicle cunha xornada de animación á lectura que promete ser… inolvidable.

Leremos o libro Esa cousa pegajosa, de María Márquez e Bea Enríquez, do selo Canica Books, unha historia divertida e sorprendente que nos axudará a descubrir como nace o chicle, cal é a súa función, para que se usa e como pode formar parte da nosa vida diaria .

Pero non quedaremos só na lectura…

Investigaremos como se elabora
Xogaremos con el
Descubriremos curiosidades
Falaremos da súa relación coa saúde
E, sobre todo, pasarémolo fenomenal

Será unha tarde chea de motivación, aprendizaxe e diversión, onde os nenos e as nenas aprenderán xogando e lendo, como nos gusta no CRA de Oroso .

Esta actividade forma parte da vida diaria do noso centro e é tamén unha xanela aberta para as futuras familias, para que vexan como se vive a lectura, a curiosidade e a alegría nas nosas aulas. Aquí léese, xógase, investígase e gózase aprendendo .

Se queres coñecer un cole no que a biblioteca late con vida… este é o lugar .





domingo, 11 de xaneiro de 2026

Xoguetes máxicos de Nadal

Un día cheo de maxia no CRA de Oroso 

No CRA de Oroso vivimos un deses días que quedan gardados no corazón. Os nenos e as nenas recibiron con ilusión inmensa os seus agasallos de Nadal e a escola encheuse de sorrisos, emocións e ollos brillantes . Foi un día fabuloso, deses nos que a felicidade se pode tocar coas mans.

Entre xoguetes, xogos e risas descubrimos algo marabilloso: a maxia estaba por todas partes . Moitos dos agasallos falaban de ilusión, creatividade e fantasía… e mesmo as cartas que nos deixaron os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador lembráronnos o importante que é a maxia tanto no mundo das persoas como no da mitoloxía e o fantástico.

Xogamos, compartimos, inventamos historias, construímos soños e comprobamos que calquera xoguete pode agochar maxia: os deportivos, os de imaxinación, os de creación, os que se moven e os que nos fan pensar. Porque os xoguetes non teñen xénero, son para nenos e para nenas, e todos son benvidos e benvidas cando axudan a medrar, aprender e soñar .

Este día recordounos que a maxia non só está nos contos… está nas mans que abren un agasallo, nos xogos compartidos e na ilusión de aprender xuntos e xuntas .
Seguimos a construír escola desde a maxia, a fantasía e a ilusión.




xoves, 8 de xaneiro de 2026

Agasallos de Nadal no CRA de Oroso

✨🎄 Voltar ao cole tamén pode ser maxia 🎄✨

No primeiro día de colexio, en todas as escolas do CRA de Oroso, o alumnado atopouse cunha sorpresa moi especial 🎁💛
Os agasallos de Nadal agardaban por eles e elas para facer da volta á rutina un momento tranquilo, agarimoso e cheo de ilusión.

A incorporación foi pausada, respectando ritmos, compartindo sorrisos e gozando do máis importante:
🤝 xogar xuntos e xuntas
💬 compartir emocións
🎲 aprender desde o benestar

Abriron os regalos, xogaron en grupo e viviron un día cheo de alegría, demostrando que aprender tamén é sentirse ben🧩✨

Así comezamos o ano no CRA de Oroso:
💙 con calma
💚 con convivencia
💛 con felicidade compartida

Por que somos un colexio diferente e estamos na porta do teu fogar!



Reciclando, reutilizando, reducindo...

 🎄✨ Maxia que coida o planeta ✨🎄

No CRA de Oroso, este Nadal veu cargado de ilusión… e de compromiso coa natureza 💚
Os Reis Magos, Papá Noel e mais o Apalpador deixaron os seus agasallos envoltos en bolsas de papel recicladas, listas para ter unha segunda vida ♻️🎁

Porque reutilizar é un pequeno xesto que xera un gran cambio:
🌍 menos residuos
🌱 máis coidado do planeta
💚 máis conciencia desde a infancia

No noso centro seguimos dando voz ao planeta, tamén nos pequenos detalles.
Educar para coidar hoxe é garantir un mañá mellor




martes, 6 de xaneiro de 2026

Voltamos

3, 2, 1… despegamos de novo!

O 8 de xaneiro abrimos outra vez as portas do CRA de Oroso para comezar o segundo trimestre 


Despois do descanso, voltamos con mochilas cheas de ilusión, aprendizaxes, xogos, risas e proxectos compartidos 


No noso cole rural:


aprendemos en comunidade

educamos en valores

cada neno e cada nena conta

a escola é vida

Se buscas unha escola próxima, innovadora e con corazón, o CRA de Oroso agárdate cos brazos abertos 

8 de xaneiro: vémonos na escola!