luns, 8 de xaneiro de 2018

Cando alguén quere durmir...

AHHHHH!!!!

Que cans@ estou!. É difícil voltar daS vacacións do Nadal. Seguro que dades en investigar por onde fun. 

Primeiro din unha volta por Galicia e atopei o Apalpador. Menudo elemento!.
Ía a correr, cargado de xoguetes e andaba a rir polo medio do monte. É unha persoa un tanto especial.

Luís Dávila (O Bicherío)

Máis tarde, viaxei un montón, fun ata Laponia a ver o meu colega Papá Noel, que por certo estaba máis enorme ca nunca, bueno, enorme, enorme... mello dito gordíííísimooooo!!!


Despois decidín coller por Rusia e ir a Oriente onde fun visitar a Merchor, Gaspar e Baltasar. Pero estaban tan atareados preparando agasallos, que non me invitaron a un café. Vaia tres liantes sempre a argallar.


Cansei de tanta visita e dedidín ir pasar o Nadal coa familia. Alí nadei, corrín, fixen o pino pero sobretodo lin moito. Xa sabedes que é a miña actividade de lecer favorita.

Agora estou que non podo co cu, e so quero durmir. Este martes dixéronme que había moito lío na biblioteca e que posiblemente non me deixasen descansar, por que será?.

Como non o consiga... Non sei que podo facer.


Ningún comentario:

Publicar un comentario