Ola viaxeir@s!!!
Preparadas e preparados para a primeira saída escolar?. Será o luns 10 de decembro durante toda a mañá. (Oxalá faga bo día).
A visita está unida ao día das Letras Galegas que están radicadas a Antón Fraguas Fraguas. Foi escritor, historiador, antropólogo... Adicou a súa vida a coñecer a Galicia, xa foran lugares, costumes, artesanía... A nosa cultura era a súa forte de estudio.
Nós tamén debemos coñecer o noso pobo. Polo cal a primeira excursión será coñecer as escolas do CRA de Oroso. Sabedes que temos catro: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide. Pero ademais contamos coa sede onde eu vivo: Vilarromarís. (visitade a página web do colexio para ver a ubicación delas)
Dispostos a viaxar e coñecer o noso entorno?... Preparade a mochila e a trotar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario