O conto deste martes como vístedes non ía precisamente de princesas. Porque polo que vemos non todas as mulleres aspiran a selo. Eu que son un pingüín moi listo tampouco quero, a min gustaríame ser viaxeiro do tempo. Poder ir aos tempos de antes como o exipto de Cleopatra ou ao futuro para ver que acontecerá.
Este libro foi escrito por Irene Soler Ramos. Actriz e dramaturga.
A súa ilustradora é María Murnau. Feminista e educadora da igualdade.
Sei que gustou moito e espero que o merquedes na vosa librería máis próxima. Seguro que no voso fogar tamén triunfa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario