Ola churris!
Que tal estas vacacións de nadal?
Seguro que o pasastes superben. No meu caso visitei á miña familia no Polo sur. Vaia festa montamos!
Comezamos co baile dos pingüíns e despois...
Continuamos cun menu de peixe moi fresco, que bo estaba! Case rebento con tanta comida!
A miña familia fíxome moitos agasallos, pero non deses que se poden agarrar e tocar.
Déronme abrazos, bicos, agarimo, peiteáronme as plumas, leváronme de paseo e puidemos xogar a facer competicións de natación...
É que a vida non só conta o material senón os recordos e as experiencias que podes atesourar.
Xa vedes que divertido!
Pero este martes voltamos á acción, como?
Pois cunha actividade superxenial na pingüibiblio. Temos que tomar forzas e arrincar.
Xa veredes que pronto temos ás nosas portas varias festas: o día do ensino, o día da Paz, entroido...
Á aventura, craorosans!
Veña a bailarrrrr!
Ningún comentario:
Publicar un comentario