martes, 26 de novembro de 2024

O libro dos porcos e Mamá Robot

 Ola pingüicolegas!

Como ben sabedes este martes vimos un conto relacionado coa violencia de xénero nas casas. Hai veces que as tarefas do fogar recaen sobre as mesmas persoas e iso non é xusto, xa que no mesmo fogar vivimos moitas persoas e todo o mundo ten que colaborar e contribuir.

Recordade como varrimos todas as violencias nas escolas pero tamén temos que desbotar todas esas desigualdades na nosa vida diaria.

O conto que vimos é: O libro dos porcos. Este libro foi escrito por Anthony Browne:

Clica na imaxe para saber máis

Este autor e ilustrador ten escritos e ilustrados moitísimos libros diferentes. Aqui vos deixo unha escolla:





Se algún e algunha de vos non coñece o conto dos porcos podedes velo no seguinte enlace: 


Na pingüibiblio tamén coñecimos outro conto novo chamado:


Estel libro foi escrito por por Zidrou, pero o seu verdadeiro nome é Benoît Drousie, un belga creador de historietas e grandes obras. As suas ilustracións foron feitas por Sèbastien Chebret un artista que traballa para o mundo da ilustración infantil e explora diversas técnicas artísticas.

Se queredes ver algo do conto...


Un pequeno resumo deste día de animación lectora conmemorando o Día Internacional Contra a Violencia de Xenero:













 


Ningún comentario:

Publicar un comentario