luns, 31 de marzo de 2025

Quedamos o 1 de Abril día das Artes

 Ola pingüiamigos e pingüiamigas!

Seguro que algunha ou algún xa sabe que o día 1 de Abril conmemoramos: O día das Artes. E ese día recordamos a unha persoa moi importante: Isaac Díaz Pardo.

Isaac foi unha persoa moi polifacética e é que adicaba o seun tempo a facer moitísimas cousas diferentes: escriba, pintaba, creaba piezas cerámicas... Pero sobretodo loitaba pola súa terra: Galicia.



Este martes tamén imos coñecer un arte moi importante: o arte lúdico. Os xogos populares galegos. Con dous libros min interesantes que recollen diferentes cantigas, rimas, cancións... E por suposto, tamén imos a experimentar con diversos xogos.

Para ir abrindo dente... podedes xogar algo na Pantalla Dixital Interactiva: 






mércores, 26 de marzo de 2025

Acceso a E - Elbe 2

 



Recomendacións lectoras sobre corvos.

Unha serie de contos sobre corvos: 

O oso e o corvo de Monika Klose e André da Loba (OQO editora), Corvo de Leo Timmers (Algar editorial), Charlie the crow de Elly Gedye - Zoe Ellison - Diana Rodriguez, La zorra y el cuervo de Enric Valos e Dani Cruz, Evaristo un corvo moi listo de Manolo Uhía (Everest Galicia), Mister Corvo de Luise Morandeira e Maurizio A. C. Quatello (OQO editora), Primer Frutal (HABA), ¡Tira al cuervo!.






Corvo de Leo Timmers

Que conto tan bonito e que maneira tan estupenda de facer amigas e amigos!

Este martes coñecimos o conto: 


Este libro foi escrito e ilustrado por Leo Timmers. É un escritor e ilustrador belga de libros infantis. Comezou a crear banda diseñada con 8 anos e despois publicou un deles anos despois. Decidiu estudar deseño. Ten moitísimos libros publicados, como por exemplo:




Queres ver un conto de outro corvo?


Aquí tedes un documento con recomendacións lectoras sobre corvos: 
















domingo, 23 de marzo de 2025

Un martes diferente

 Ola amigas e amigos!

Xa sabedes que este martes vai a ser moi diferente. A nosa biblioteca sufren un percance moi gordo e é que nos voou o tellado polo tanto non podemos realizar ningún tipo de actividade alí. Pero non desesperedes porque grazas ao Concello de Oroso temos nova ubicación.

Quedamos no  centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30. Ímolo pasar moi ben!!

Sabedes unha cousa? 

Que alí ides coñecer un corvo moi especial. Non sabedes o que é un corvo?


Pois este martes imos coñecer un moi especial.

Sabedes que os corvos poden chegar a imitar as persoas falando?

Queres saber máis sobre eles? Pois ven este martes a Pingüibiblio contamos contigo!





xoves, 20 de marzo de 2025

Gran desastre!

 Estimadas familias,

 

ante o incidente ocorrido na madrugada de hoxe coa cuberta da Sede do CRA (Valverde-Vilarromaris), vémonos obrigados a trasladar temporalmente as actividades de biblioteca a unha nova ubicación.

 

A partires de agora, estas actividades, levaranse a cabo no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30, seguindo a mesma organización que ata o de agora.

 

Grazas ao Concello de Oroso pola rápida resposta e pola cesión de espazos para poder levar a cabo as nosas actividades mentres se repara a cuberta.

 

En canto poidamos volveremos a retomar a ubicación habitual.

 

Un saúdo.






mércores, 19 de marzo de 2025

Martes xenial!

Na pingüibiblio vimos o que son as novas e a importancia na vida da xente. Pero iso non foi o máis interesante... Ata nos fixemos xornalistas e creamos o noso propio xornal. Veredes que chulada:

Queredes saber máis sobre as novas?





sábado, 15 de marzo de 2025

Prensa na Pingüibiblio

 Este martes ollo ao piollo colegas!!!

Imos a coñecer o mundo da prensa e os medios de comunicación. Estades preparados e preparadas?

Xa sabemos que todo o mundo ten acceso aos xornais, internet, a television... pero sabedes cando algo é certo ou non? 

Por que non sei se o sabedes pero as veces as novas que publican non son de todo certas e chámalle fake news. Hai que ter coidado non todo o que vemos é verdade. Mirade a seguinte nova:


Pensades que será verdade? So hai unha forma de sabelo e é contrastando a verdade. Preguntade e veredes se é certo ou non.


mércores, 12 de marzo de 2025

Ás veces mamá ten tronos na cabeza de Bea Taboada e Dani Padrón


 Que tarde tan estupenda! 

As profes Natalia e Sandra animáronos un montón e contaron unha historia maravillosa.


Este libro foi escrito por Bea Taboada unha escritora zaragozana que saltou o mundo dos libros infantís grazas as súas visitas as librarías cos seus fillos. 


O seu ilustrador é Dani Padrón estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior da Coruña. Tras un breve contacto cos mundos da caricatura e da banda deseñada, nos que gañou algún premio, inicia o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no ano 2011 co premio de ilustración Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios libros e participou en exposicións colectivas.


Queredes ver o conto?







 


domingo, 9 de marzo de 2025

Novo martes de quedada!!!

 Amigüísimas e amigüísimos!

Que tal estos días? Xa vin que andades de festa en festa! (como o conto):

Por certo, tédelo na pingüibiblio.

Eu tamén anduben a comer: filloas, orellas, cachucha... de todo un pouco e collín uns quiliños, espero que de aquí o verán me poña no meu peso. 

Pero cambiemos de tema... 

Este martes continuamos traballando o día da muller, que foi o 8 de marzo. Queredes escoltar algo inspirador?. Ahí vai!


Canción do album: "Verbas do Monfadal" 

Outra máis!!! 









sábado, 8 de marzo de 2025

Novo día de Pingüibiblio!

 


O medidor das emocións de 2 pingas musicais

 




Contos en Igualdade

 


8 de marzo

💜 8 de marzo - Día Internacional da Muller 💜

Hoxe queremos mirar ao noso alrededor e recoñecer ás verdaderas heroínas do noso día a día. 🌿💫
As mans que curan feridas con un bico, que preparan a merenda con amor, que ensinan con paciencia e que traballan sen descanso dentro e fóra de casa. As voces que contan contos pola noite, que animan dende as bancadas, que loitan, que protexen, que inspiran.
En cada escola do noso CRA, en cada casa, en cada recuncho de Oroso, hai mulleres que sosteñen o mundo coa súa forza e a súa determinación. Nais, avoas, irmás, mestras, veciñas… Mulleres que son faro e raíz, que con su exemplo semente de futuro no noso alumnado.
Hoxe, e todos os días, celebremos sa súa presenza, valoremos o seu esforzo e ensinemos as nosas crianzas que un mundo máis xusto e igualitario é posibel. 💜 Porque cando unha muller avanza, avanzamos todas e todos.
🌸✨ Grazas a todas as mulleres de Oroso por ser luz, por ser vida, por ser futuro. ✨🌸




mércores, 5 de marzo de 2025

Saída escolar

 

Recordades o entroido?


Pois non imos perder o ritmo e este vindeiro venres 7 de marzo ímonos de excursión.



Para saber máis clica no enlace: