xoves, 20 de marzo de 2025

Gran desastre!

 Estimadas familias,

 

ante o incidente ocorrido na madrugada de hoxe coa cuberta da Sede do CRA (Valverde-Vilarromaris), vémonos obrigados a trasladar temporalmente as actividades de biblioteca a unha nova ubicación.

 

A partires de agora, estas actividades, levaranse a cabo no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30, seguindo a mesma organización que ata o de agora.

 

Grazas ao Concello de Oroso pola rápida resposta e pola cesión de espazos para poder levar a cabo as nosas actividades mentres se repara a cuberta.

 

En canto poidamos volveremos a retomar a ubicación habitual.

 

Un saúdo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario