mércores, 2 de abril de 2025

A xogar!!!

 Neste martes tan espectacular fixemos un bo lote de xogos e coñecimos dous contos maravillosos. 

O primeiro deles foi: DEDÍN, DEDÍN DE PEQUENEQUÍN da editora Edicións do Castro coa que colaborou Isaac Díaz Pardo. Este libro foi feito a partir dun proxecto de animación a lectura impartido por Federico Martín Nebras. Nel recollen unha serie de cantigas, ditos, adiviñas... do folclore popular tanto en galego como en castelão.

O segundo é: Rimas da editora Everest. Son textos populares ilustrados por Piton (José Luis Rivera Campo). Aparecen recitados e rimas populares.

E despois adicámonos a xogar e pasalo moi ben!



Ningún comentario:

Publicar un comentario