Obradoiros STEAM no CRA de Oroso
A nosa biblioteca xa non é só un lugar de libros: é un laboratorio creativo onde a curiosidade prende lume!Estos días o alumnado mergullouse nos obradoiros STEAM, onde experimentaron, crearon e pensaron con mirada crítica. Grazas á nosa biblioteca creativa, este tipo de aprendizaxes van moito máis alá das aulas. Aquí desenvolvemos competencias para a vida, habilidades para pensar por si mesmos e ferramentas para transformar o mundo.
Aprendizaxes impactantes, emocionantes e duradeiras. Porque o que se vive con ilusión... non se esquece!
Ningún comentario:
Publicar un comentario