Amosando publicacións coa etiqueta CURROS ENRIQUEZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURROS ENRIQUEZ. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de maio de 2025

Recomendacións lectoras de o Maio

No CRA de Oroso celebramos a chegada de maio cun vídeo moi especial sobre unha tradición que florece cada primavera: poñer xestas nas portas, coches e leiras!

Por que a xesta é símbolo de protección, amor e sorte, e como está presente nas festas dos Maios, nos ritos do campo e mesmo nos namoros de antano.

Ademais hai unhas pequenas recomendacións lectoras para incluir estas datas na nosa biblioteca.

Todo acompañado coa fermosa música de  "13 lúas" da Asociación de Gaiteiros Galegos, que fixo aínda máis máxica esta viaxe polas nosas raíces!

Porque as tradicións tamén medran se as coidamos
Porque en maio… a xesta protexe, une e florece!





mércores, 30 de abril de 2025

Os Maios con Curros Enriquez

Este martes por circunstancias da vida non puidemos facer a nosa sesión de animación a lectura.

Habería sido unha sesión fantástica na que falaríamos desta festa e como cada un e canda unha de nós a íamos a celebrar. 

Pero o máis importante e que coñeceríamos unha das obras de Curros Enriquez: 


Este libro contén os versos de Manuel Curros Enriquez. Un poeta e xornalista galego moi importante para Galicia no que moitas rúas e colexios levan o seu nome.


Este libro foi ilustrado por Blanca Millán. Unha gran artista nada en Touro que sempre andubo rodeada de pinturas e papeis nos cales expresaba soños, ilusións e desexos. 


Te ilustrados moitos contos. Ahí vai unha mostra: