Amigas e amigos!!!
Xa está aquí a Semana Santa. Gozade moito deste pequeno tempo de lecer e vémonos a volta.
Amosando publicacións coa etiqueta SAÚDO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAÚDO b>. Amosar todas as publicacións
venres, 23 de marzo de 2018
luns, 5 de febreiro de 2018
Días de entroido...
Ola amoriños!
Xa sei que estades de festa estes días. Para min é un espectáculo xenial, onde participo todos os anos. Unha vez vou de pataca, en outra de koala, pata de xamón, tractor... Todo é poñerlle imaxinación.
Pero o desfrace que máis me gusta é o de... MONSTROOOOO!!! Moito me mola ir asustando a xente e meténdome con ela. E que pártome o pico coa risa. Cando comezo a gargallar non hai quen me pare.
Pois dixéronme que nesta data anda pola biblioteca un monstro moi especial. Ademais de ser superfamosísimo.
Eu creo que debedes vir a velo. Recomendo cueiros se alguén e floxo ou floxa de ventre, que despois non quero cacolas, eh?.
Para que xoguedes un pouco:
Un Lim feito por Ana Martínez Rey.
xoves, 21 de decembro de 2017
BOAS VACACIÓNS DE NADAL!
Meus Pingüi adict@s!!!
Desexo que teñades unhas boas festas e que a volta sigamos así de ben.
Moitos pingüibikos!!!
venres, 1 de setembro de 2017
Curso Escolar 2017-2018
Ola amiguiñ@s!!!
Empeza outro ano e temos moitas caras novas no noso CRA. Que ledicia volver a retomar con ganas a nosa volta a biblioteca.
Para @s que non me coñezades, son PINGÜI, a mascota desta escola. Vivo na biblioteca de Vilarromarís e encántame compartir as miñas experiencias e que me contedes as vosas.
Este ano estou como tol@ por volver. Viaxei moito visitando a familiares do Polo Sur e vendo mundo. Agora preciso estar con todos vós. Moito me faltástedes.
Benvid@s un ano máis.
AHHHH!!! Que non se me esquecen os que marchástedes. Formades parte de nós, sede valentes. Un ano novo ven en camino, ides coñecer moita xente e facer novas amizades. Lugares que descubrir e nos que aprender. Mándovos moitos pingüibicos.
xoves, 1 de setembro de 2016
Benvidas e benvidos a biblioteca de Pingüi!
Somos o CRA de Oroso. Formamos parte deste proxecto educativo catro maravillosas escolas: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide.
Cada unha delas diferente, pero a vez con metas comúns.
A nosa bibloteca é o eixo que equilibra e fai que avance o noso proxecto pedagóxico. Grazas a ela podemos mergullarnos en novos desafíos.
O noso alumnado atopa un lugar de esparcemento, contacto, tranquilidade, mundos por explorar, amizades por coñecer... Pero sobretodo un ente vivo, que os axuda a avanzar e lograr esa meta soñada a cal todo o mundo quere chegar.
A biblioteca de Pingüi é o instrumento máis valioso que temos.
Etiquetas:
SAÚDO
Localización:
Lugar Valverde, 0, 15688 Valverde, A Coruña, Spain
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



