mércores, 7 de febreiro de 2018

GRÚFALO.

Ola pingüiamig@s!

Xa vístedes que conto tan xenial! O GRÚFALO! e como non; A FILLA DO GRÚFALO!.

  
Clicade nas imaxes.

A escritora destes contos é Julia Donaldson e o ilustrador Axel Scheffler. Son dúas persoas moi importantes no mundo editorial. Teñen obras preciosas.

Este conto gañou moitísimos premios. Segundo din a autora basouse nunha lenda do folklore chino.

Pero tamén se fixo unha película titulada O Grufalo e A filla do Grufalo. Penso que vós gustaría velas. Aquí queda un anaco de cada unha delas, atent@s:





luns, 5 de febreiro de 2018

Días de entroido...

Ola amoriños!

Xa sei que estades de festa estes días. Para min é un espectáculo xenial, onde participo todos os anos. Unha vez vou de pataca, en outra de koala, pata de xamón, tractor... Todo é poñerlle imaxinación.

Pero o desfrace que máis me gusta é o de... MONSTROOOOO!!! Moito me mola ir asustando a xente e meténdome con ela. E que pártome o pico coa risa. Cando comezo a gargallar non hai quen me pare.

Pois dixéronme que nesta data anda pola biblioteca un monstro moi especial. Ademais de ser superfamosísimo.

Eu creo que debedes vir a velo. Recomendo cueiros se alguén e floxo ou floxa de ventre, que despois non quero cacolas, eh?.

Para que xoguedes un pouco:


Un Lim feito por Ana Martínez Rey. 


venres, 2 de febreiro de 2018

Xa está aquí o PINGÜIMECO!

Ola entroideir@s:

Chega o entroido e o PINGÜIMECO. Facede caso as recomendacións e a gozar da trangallada.

Clicade en Pingüi.

mércores, 31 de xaneiro de 2018

Imagine

Ola imaginepingüis:

Grazas a Lydia, a mestra de Deixebre, chegou as nosas mans este libro tan especial:


Como gustou tanto as nenas e nenos de Senra fixéronlle un vídeo para recomendado. 




Vaia princesa!

Ola amantes da Paz!

Este martes vimos un conto titulado: A princesa rebelde.



Foi un acerto e todo o mundo gozou da súa historia. Nel vemos como unha muller ten dereito a realizar os seus soños do mesmo xeito que calquer ser vivo. En paz e liberdade.

A súa escritora é Anna Kemp é unha mestra da universidade Queen Mary de Londres onde ensina literatura francesa. Escribiu moitos libros moi interesantes de temática infantil.

A ilustradora é Sara Ogilvie. Ten ilustracións preciosas e ademais é unha gran artista en diseño, publicidade... Recordade que podedes visitar o seu blogue clicando no nome.

Se querelles ver as vosas fotos visitade a nosa páxina do CRA:


CLICA EN PINGÜI



martes, 30 de xaneiro de 2018

Martes de PAZ.

Ola pazamig@s!

Hoxe é un día moi especial. Temos sesión de animación á lectura, pero tamén o día escolar da non violencia e a paz.


Estou moi feliz porque me dixeron que temos na biblioteca de Vilarromarís unha moza moi especial que sabe o que quere e como conseguilo.



É unha muller libre, que busca a felicidade respectando @s demais. Vinde e veredes que muller máis fascinante.


Agora déixovos cunha canción para animar este día tan especial, bailade e cantade á miña saúde.


Podedes xogar tamén a...

luns, 29 de xaneiro de 2018

Chega un día moi especial

Ola pingüicolegas!

Teño que recordar a todas e a todos que o día 30 de xaneiro está adicado a non violencia e a paz.

Aquí vós deixo un enlace para visitar con explicacións, consellos, animación e moitos, moitos libros.

Ánimos soletes! (clicade na imaxe)

Pablo Picasso