Xa sabedes que o día 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a paz. Nas recomendacións do blogue temos un enlace a unha presentación sobre esta data tan importante. Aposto a que nas escolas ides falar e traballar a favor da paz.
Un colega pasoume a información, de que estades a gravar un vídeo superxenial sobre este tema. Espero velo moi prontiño. Conto con el!
Este martes como non imos charlar sobre o tema, e ver que cousiñas podemos facer para que neste universo reine a non violencia.
Na vida hubo gente como John Lennon que loitou para acadar un cambio na sociedade coa sua labor e as suas cancións. En Coruña, tedes unha escultura adicada a el. Está nos xardíns Méndez Núñez.
Pásavos o mesmo ca min? Mira que son un pingüín e o frío é o meu amigo, pero estos días ando co peteiro conxelado e colorado.
Tedes que abrigarvos e tomar cousas quentiñas: chocolate con churros, leite quente, un anaco de leña ardendo... UIIIII!!! Esto último non!!! que se me vai a pinza.
A saúde e o seu coidado e moi importante. Pensade que agora xa pronto imos ter unha saída ao Planetário. Xa oín por ahí que estades investigando sobre o universo. Ollade o video:
Xa non queda nada.
Vinde esta tarde a pingüibiblio. Conto con todo o mundo!!! Recordadelle aos papás, mamás, avoas, avós... que veñan a escola que teñen no horario de biblioteca, nunca é tarde para aprender algo novo ou recordar o aprendido.
Que tal nestas datas de Nadal? Xa me enterei que coméstedes moitos doces e vistedes aos Reis. Eu tamén celebrei as festas en compaña da miña familia. Comimos moito peixe e xogamos coa neve un montón. Meu curmá Edelmiro pillou unha gripe grande pero con mel e escamas de peixe recuperou nun santiamén.
Quero recordar que voltamos a ter bibliopingüi así agardo por todos vós. Imos ter un conto no que imos ver como se podría contar o amor e o cariño. Sabedes como? VINDE A DESCUBRILO!!!