Amosando publicacións coa etiqueta HORARIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HORARIOS. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de maio de 2019

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

Amigas e amigos recoméndovos esta aventuras dos nosos COPs. 

Amadou está triste e queremos saber o porqué. 

Neste vídeo ides ver e comprobar o que pasa cando alguén acosa a outra persoa por ser diferente. 
Podedes aportar novas ideas e solucións.

Temos que darlle as grazas ás nenas e nenos de Trasmonte pola súa colaboración. Tamén as nosas profes Susana e Raquel polo seu esforzo.



venres, 18 de xaneiro de 2019

Non hai biblio!!!

A ver excursionistas!!! Que cando ides de viaje non hai quen conte con vós.

Pasadeo moi ben en Coruña e non esquezades seguir lendo e visitando outras bibliotecas ademais da nosa.

Recordo que debido ao horario que temos o martes non teremos biblioteca. Sinto, mándovos moitos bicos. 

mércores, 5 de decembro de 2018

Ollo!!!

Recordade que do xoves ao domingo non temos cole. Así que lede moito e descansade. Moitos pingüibikos!!!

luns, 12 de novembro de 2018

Magostoooo????

Ola castañeiras e castañeiros:

Seguro que xa estades desexando que chegue este día. Eu tamén!!!

Castañas, chourizo, pan... Este mércores, 14 de novembro esperamos que por fin se celebre. Conto con todas e todos?

Espero que salga Lourenzo e a choiva descanse. 

Queredes escoitar unha canción sobre a festa?. Pulsade no título:




Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamosco.
A castaña no ourizo
quixo rir e rabeou
caeu do castaño abaixo
iso foi o que gañou.
A castaña no ourizo
eu ben che sei o que fai
se está verde madura
e se está madura cae.


luns, 5 de novembro de 2018

Magosto!

Ola larpeiras e larpeiros:

Xa sei que estades desexando que chegue o magosto. Puxérase de data o 31 de outubro pero o tempo non foi bo. Pero agora xa temos data nova!!!

Será o 9 de novembro!. Afiade os dentes e preparade as barrigas que imos encher o papo e non quedará nada para as formigas. 


martes, 30 de outubro de 2018

Recordade!

Lembro que o día 2 de novembro non hai escola. Descansade e lede moito. Pingüibikos!!!

venres, 27 de abril de 2018

Día Internacional das persoas traballadoras

Ola chikis!

Outro día que non temos animación á lectura. Pero non vós poñades tristes que pronto volverei. O motivo é moi importante. 

Este martes día 1 de maio celébrase o Día Internacional das persoas traballadoras, mulleres e homes!

Por que?

Fai moito tempo a xente non tiña dereitos no traballo: estaban moitísimas horas, non podía ir ao centro de saúde, non posuían medidas de seguridade, non cobraban o soldo que lles prometían... Estaban moi mal. 

Como as persoas traballadoras estaban en desacordo, decidieron facer folga. Pero os/as empresarios/as non querían que a situación cambiara e houbo unha loita moi forte.

Ao final gañou a xente traballadora, grazas a forza e unión, hoxe en día as nosas familias teñen dereitos e deben pedilos senón é así. 

As persoas traballadoras teñen que estar protexidas, coidadas, con soldos dignos, horas establecidas tanto para o descanso, coma para facer a súa propia labor...

Aquí queda unha pequena curta para que apreciedes que o traballo tampouco o é todo:






luns, 2 de abril de 2018

Volta das vacacións

Que tal?

Espero que nestas datas xogarades moito. Eu fun de viaxe moi lonxe. Coñecín moitas persoas e animais diferentes. Xa sabedes que o mellor para aprender é falar e compartir. Quero que rememoredes que este martes volvemos ter actividades de animación na biblioteca escolar. Tedes que asistir!

Recordo tamén que o 7 de abril é o Día mundial da saúde.

Alguén chivoume que sodes unhas nenas e nenos moi sans. Coidades a voa hixiene, procurades comer de todos os alimentos e non abusades das chuches, lavades os dentes todos os días varias veces...

Coidado que tamén sei que algunha e algún se despista. As veces non limpa as mans ou os dentes. Tamén lle gusta abusar de galletas, bolos e non trae ao recreo alimentos como froita. Ollo colegas! Teño espias en todas partes.

O conto deste martes vai sobre dous amigos moi especiais que se coidan mutuamente. A saúde tamén consiste en estar ben con nós mesmos e coas demais persoas.

Deixo uns xogos. Espero que gusten!



mércores, 14 de febreiro de 2018

O 20 de febreiro non temos biblioteca...

Estou moi triste!!! O martes non temos sesión de animación a lectura e vou ter falta de vós. Teño moitas ganas da vosa compañía.

Bueno, o positivo é que seica ides de excursión a APIPOLIS en Pontevedra. Que envexa!. 

Eu teñolle moito respeto as abellas porque sen elas o mundo desaparecería. Grazas a súa labor temos esta vida tan maravillosa, chea de flores e froitos.

Entereime dunha cousiña. Sabedes quen vai estar no cine?. Pois...



A abella Maia estreouse en España fai 40 anos, xa é un pouco velliña. Pero o seu comezo foi con un libro de orixe alemá do ano 1912. Actualmente, é unha gran defensora xunto con Greenpeace da súa vida e do cuidado dos enxames do mundo.

venres, 1 de decembro de 2017

Saída escolar o 5 de decembro.


Ola pingüiamig@s!

O 5 de decembro lembrade que tedes excursión. Xa me enterei de que ides ver un espectáculo musical e unha exposición moi interesante. 

Clicade no logo do Cra para ver o aviso na páxina web do centro:




xoves, 23 de novembro de 2017

Cambio de data

Ola a tod@s!

Quero informarvos que a saída que tiñades o vendes queda posposta para o martes 28. Por fin chegou a choiva!.

Moitos saudiños.

luns, 16 de outubro de 2017

BUAAAA!!!

Ola colegas!

Sinto informarmos que esta tarde de martes non imos ter a sesión de animación a lectura. Pero non vos preocupes!!! que as mestras e mestres seguro que vos asesoran nas escola de que libros, revistas...   Son interesantes e que podedes levar en prestamo.

Para que me recordedes aquí queda un conto que podedes na escola e na casa. Espero que o desfrutedes.


Este conto é :


Foi escrito e ilustrado por:  Édouard Manceau. Este autor francés ademais de publicar libros para nenas e nenos tamén crea xogos. Premede sobre a portada ou o nome do autor para ter máis información.

Moitos pingüibikos!!!

martes, 26 de setembro de 2017

Horario da biblioteca

Ola pingüiamig@s!

Recordade que o martes 3 de outubro comezamos as actividades de animación a lectura, tódalas tardes do martes durante o ano escolar ata rematar o mes de maio.

Este curso o horario é de: 16:30 a 17:45. Contamos con vós.

Pingüibikos!!!


luns, 5 de setembro de 2016

Horarios

Ola pingüi amig@s!
Neste novo post imos das a coñecer os horarios da nosa biblioteca.

Como sabedes dentro de cada escola temos unha que está a vosa enteira disposición diariamente. Nelas fanse prestamos e todo o que precisedes para consultar.

Pero ademais, posuimos a nosa biblioteca central ubicada na SEDE do noso CRA. Sempre que a requirades alí a tedes pero non esquezades visitarnos os martes pola tarde (sempre temos sesións de animación a lectura, feitas polo propio profesorado do centro ou por coñecid@s amantes do mundo bibliotecario).

Aquí poñemos o horario:


Tamén recordarvos que as experiencias dos MARTES comezan o primeiro martes de outubro e rematan o último martes de maio. Grazas e adiante pingüi lectores.