Ola castañeiras e castañeiros:
Seguro que xa estades desexando que chegue este día. Eu tamén!!!
Castañas, chourizo, pan... Este mércores, 14 de novembro esperamos que por fin se celebre. Conto con todas e todos?
Espero que salga Lourenzo e a choiva descanse.
Queredes escoitar unha canción sobre a festa?. Pulsade no título:
Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamosco.
A castaña no ourizo
quixo rir e rabeou
caeu do castaño abaixo
iso foi o que gañou.
A castaña no ourizo
eu ben che sei o que fai
se está verde madura
e se está madura cae.
Ningún comentario:
Publicar un comentario