Que tal nesta ponte?
Eu fun de viaxe, xa sabedes o que me gusta. Vin moitas cousas: as follas caídas das árbores, os cogumelos que están nacendo, como as abellas, formigas, esquios... comezan a coller postura para invernar.
Percorrín toda Galiza dende a punta ata o fondo, pero non me dou tempo de velo todo. E que é moi grande e está chea de sorpresas.
Este ano nas letras galegas temos un home que lle encantaba coñecer a nosa comunidade e as costumes desta terra. Sabedes como se chama??? AHHH!!! Sorpresa!!!. Podedes buscalo en internet ou preguntar no voso fogar. ALA! A PESCUDAR!!!
Quero recordarvos que este martes volvemos a ter cita na biblio. Espero que veñades, conto con vós. Ímolo pasar moi ben. Aínda que xa sei que paso o día do Samaín... creo que este vídeo podédelo ver. Coñecedes a estos personaxes?. Pista: son unha familia moi grande que sempre ten aventuras. Teñen un can moi listo e o seu autor é Pepe Carreiro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario