Neste conto vimos como a vida dun oviño é unha aventura ata que atopa o seu lugar. Así tamén deben ser as nosas vidas. Temos que investigar, aventurarnos, decidir, loitar, perseverar... para lograr o que queiramos acadar.
Este libro tan maravilloso foi escrito por Raúl Bermejo e ilustrado por Nacho Uve. Se queredes ver unha entrevista feita aos dous creadores so tedes que clicar na imaxe:
Pero se querelles ver unha nova experiencia onde non hai cor, so debedes acudir ao seguinte enlace:
Non sei se vos decatástedes pero levo tempo pensando no mundo que nos rodea.
Segundo a vida pasa o planeta Terra vai modificándose non so a propia natureza senón da man das persoas que vivimos nel.
Chegáronme rumores de que estades a estudar o imperio romano e a sua realidade. Seguro que apreciredes as diferenzas dende aquela época a época actual.
Tamén sei que en ciencias sociais de segundo de primaria hai un tema sobre o universo. A que é interesante?.
Pois esta semana imos coñecer outro totalmente diferente, onde imos ter que colaborar para poder chegar ao final do conto.
Conto coa vosa amizade para podelo resolver.
Ademais imos facer un experimento moi especial. Se querelles descubrilo so tedes que vir. Quedamos!!!
Que ben o fixéstedes e como aprendéstades a maneira autónoma a facer neve artificial. A todo o mundo lle gusta experimentar e coñecer novas sensacións.
Pero non so aprendimos isto seno que coñecemos a un colega novo chamado Pepiño Cebolas, as persoas que viñeron a biblio xa saben o porqué, e o resto debe ver o conto para podelo saber. Podedes levar empréstamo ou mercalo na librería máis próxima.
Este martes vimos un conto espectacular titulado: As manoplas de Carapuchiña.
Seguro que pensades que é un libro sobre a historia típica desta rapariga, pero non é algo diferente e ademáis o inverno rodea todo o que acontece neste relato.
Foi escrito por Inés Almagro e Mikel Mardones ilustrouno. A Mikel xa o coñecíades de antes por libros como...